
(CM) Bm Culleredo Despreocúpate.es - Balonmano Porriño "A"
O BM.Culleredo Despreocúpate.es, continúa con paso firme o seu paso pola liga Ouro cando se levan disputadas catro xornadas. Os cullerdenses, que contan os seus partidos por vitorias, recibián ao BM.Porriño esta fin de semana pasada e conseguiron, novamente, unha ampla vitoria que fai posible que o equipo siga liderando a táboa de clasificación. Os visitantes, puxeron en acción unha defensa 3:3 á que tardaron en adaptarse os xogadores de Culleredo, equivocándose nun primeiro instante ao afrontala de forma individual e con balón, no canto de facelo con desmarques, movementos sen a pelota e transformacións. Á súa vez, a falta de definición en lanzamentos 1x0 dos locáis e o acerto do porteiro foráneo, mantiñan aos do Porriño en marxes que non ían máis aló dos tres goles de diferenza do seu rival. Tiveron que pasar 25 minutos para que, nos últimos cinco e despois de enlazar varias defensas consecutivas, o conxunto de Culleredo conseguise un parcial de 6-2 para ampliar a diferenza a uns cómodos sete goles ao termo do primeiro acto.
Na continuación, o equipo cullerdense evidenciaría unha maior clarividencia e cando a fatiga comezaba a facer efecto co paso dos minutos, o maior fondo e as rotacións, serían claves para aumentar de forma progresiva a distancia no electrónico e asinar a vitoria por un amplo resultado (46-30).
BM.Culleredo Despreocúpate.es: 46 (21+25). Hugo García (P), Jorge Amor (P), Iago Bolaños (P), Jairo Candamio, Lucas Faraldo, Isaac Lorenzo, Hugo Bermúdez, Xoán Canedo, Alexis Martínez, Adrián Aneiros, Hugo Bregua, Diego Rodríguez, Alex Soto, Teo Gómez, Mauro Fdez.
BM.Porriño "A": 30 (14+16). Pablo Lorenzo, Brais Rodríguez, Denis Martínez, Pedro Gilsánz, Paulo Ces, Xoel Mora, Xacobe Barros, Lucas Giráldez, Denis Martínez, Bruno García, Simón Giráldez, Iván Benaches, Yoel Rodríguez, Mateo Rodríguez, Pedro Iglesias.
Parciais Cada5´: 2-2 / 5-4 / 8-6 / 12-9 / 15-12 / 21-14 / Descanso / 24-17 / 30-21 / 32-23 / 36-24 / 41-28 / 46-30 / Final.
Colexiados: Daniel González e Noelia Mata.
Incidencias: Encontro correspondente á 4ª xornada na Liga Ouro cadete masculina. Partido disputado no pavillón de Tarrío con excelente presencia de afeccionados de ambos os conxuntos.
