
Un Almeiras practicamente cheo presenciaba un derbi ata agora nunca visto no clube na sección feminina, un derbi entre os dous equipos cadetes femininos.
Un encontro moi especial para as nenas, as familias e para o clube, un encontro que non defraudou aínda que xa dende os primeiros minutos víase a diferencia entre os dous equipos. O Fisioterapia Benestar comezou moi forte sobretodo a nivel defensivo onde apenas concedía lanzamentos ainda así o Abogacía Canosa tivo varias opcións claras de lanzamento en penetración, pero a mala selección destes propiciaban que o marcador tardara 10 minutos en estrearse para o Abogacía Canosa.
Na fase ofensiva o Fisioterapia Benestar xogaba colectivamente para conseguir acciones eficaces de gol pero o Abogacía Canosa non o estaba a facilitarlle a labor e conseguía varias recuperacións de balón, aínda asi o problema estaba ofensivamente onde o equipo local non era capaz de superar a forte defensa do Fisioterapia.
Resultado ao descanso : Abogacía Canosa 3- Fisioterapia Benestar 21
Na segunda metade as cousas cambiaron e o Abogacía Canosa reaccionou moi positivamente , nos primieros 10 minutos conseguiase un parcial de igualdade. A diferencia xa non era tan grande , o Abogacía Canosa mediante xogo colectivo e penetracións entre 1-2 conseguía ter éxito a nivel ofensivo e daba moitos folgos para poder seguir competindo esta segunda metade.
O Fisioterapia Benestar estaba a ter unha segunda metade moi discreta a nivel defensivo , pero na parte ofensiva estaba a xogar moi disciplinadamente e isto propiciaba goles de maneira colectiva algo que valorase moito neste deporte.
Victoria para o Fisioterapia Benestar que mantén o liderato nestre grupo A , pero quizais tamén poderiamos dicir que victoria para este dous equipos que fixeron gala do seu mellor balonmán para poder disfrutar dun deporte que é moito máis que loitar por unha pelota. Os valores destas rapazas están moi riba dos goles e isto o están a demostrar nos encontros, nos adestramentos..... NORABOA POR ESTE ÉXITO RAPAZAS ¡¡
Resultado final: Bm Culleredo Abogacía Canosa 15- Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 38
BM Culleredo Abogacía Canosa: Sara Bello, Cintia Miguez, Eva Outón, Martina Arroyo, Alba Sanmartin , Simona Seo, Thais Villaverde, Daniela Pérez , Adriana Vázquez, Luana Gómez, Nadia Martinez, Aitana Gestal, Noa Otón, Sara Villar, Celia González.
Bm Culleredo Fisioterapia Benestar:Sara Fernandez, Sofia Meijide, María Otero,Alba Fernández, Antía Ferreño, Rosalía Vázquez,Lola Romero, Carmela Eiras, Claudia Soto y Helena Portas.
Parciales cada 5`: 3-0/7-1/10-1/13-2/15-2/21-3/23-6/26-9/28-10/31-11/34-23/38-15.
Árbitros: Nicolas Vázquez y Angel.
Incidencias: Xornada 4 da liga prata feminina do grupo A , disputado no pavillón municipal de Almeiras.
