Saltar ao contido

A VICTORIA RETORNA PARA O BAÍA EDICIÓNS

O Baía Edicións volve a senda da victoria despois de conseguir unha boa victoria ante o Sedona de Vigo.

O encontro comexaba con certa igualdade pero con ventaxas mínimas para o equipo local que pouco a pouco axutaba a defensa 6:0 para impoñerse no marcador e poder aumentar as ventaxas no marcador.

O xogo colectivo no Baía Edicións estaba a dar rétido ante a defensa 6:0 do Sedona, as velocidade de balón ou accións aisladas de 1x1 estaban a favorecer ao equipo local que conseguía ventaxa de ata 6 goles. Na fase defensiva pese aos problemas iniciais na zona central , puidose correxir e facerse forte nesa zona para poder levar o xogo ofesnivo do equipo visitante a zonas menos efectivas .

Resultado ao descanso: Bm Culleredo Baía Edicións 14- Sedona 9.

Na segunda metade o equipo visitante apretou nos primeiros 5 minutos do encontro e rebaixou a distancia pero só foi por un momento xa que o Baía Edicións reaccionou outra vez moi ben e puido restablecer o xogo colectivo no ataque e estabilizar a fase defensiva con pequenos detalles.

O balón circulaba con velocidade e conseguíanse boas situacións de gol en zonas eficaces ou dende os extremos. A ventaxa aumentaba co paso dos minutos e o equipo local estaba moi comoda na pista, isto reflexaba un bó xogo onde as rapazas estaban a distrutar .

Noraboa por esta nova victoria, agora toca pechar a primeira volta viaxando ata Porriño para enfrontarse ao último clasificado da táboa.

Forza Culle.

Resultado final: Bm Culleredo Baía Edicións 27- Sedona de Vigo 18.

Bm Culleredo Baía Edicións: Aroa García, Carla Muiño, Lucia Cortegoso, Paula Peteiro,Carla Corral , María Bescansa, ,Lúa Fernández, Leire Barbeito, Lola Romero,Rosalía Vázquez, Claudia Soto,Alba Fernández, Carmela Eiras y Antía Ferreño.

Sedona: Laura Lorenzo, Sofia Rial , Maria Nunes,Arancha Hernandez,Uxía Comesaña,Lola Varela,Antia Gonzalez,Noa Senra,.Eire Mendez, Blanca Franco.

Parciais cada 5`: 2-2/4-3/5-3/8-5/12-6/14-9/16-12/19-14/21-15/23-17/25-17/27-18.

Árbitros: Martina Regueiro y María Astray

Incidencias: Sexta xornada da liga prata xuvenil feminina do grupo A , disputada na Bombonera en Redondela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *