Saltar ao contido

O SUTENOR SUCUMBE ANTE UN BÓ SAR.

O Balonmán Culleredo Sutenor non puido continuar coa boa racha de resultados ante a Sar de Redondela que rompeu a racha de 9 victorias seguidas do equipo local.

Un encontro que tivo dúas caras, na primeira metade a igualdade foi máxima cos dous equipos loitando por estar enriba do marcador. A defensa 3:3 estaba a dar rédito ao equipo local que estaba a frear ao equipo de redondela. Mentres o equipo visitante cunha defensa 5:1 agresiva tamén estaba a ter éxito ainda que o Sutenor incluso poñiase por diante no marcador, as acción de circulación de extremo para conquistar o espacio creado estaban a dar éxito no ataque cullerdense pero nos últimos 5 minutos a SAR conseguía darlle a volta ao marcador e levarse unha ventaxa de 2 goles para chegar o descanso.

Resultado ao descanso : Bm Culleredo Sutenor 13- Sar Rodavigo 15

Na segunda metade o equipo visitante pasou o rodillo ao Sutenor, o equipo local viuse superado en todas as facetas do xogo , o ataque cullerdense estaba a estar moi parado e perdíanse moitos balóns que a Sar o aproveitaba para realizar continuos contrataques para romper o marcador bruscamente en levarse xa unha ventaxa de 7 goles en 10 minutos. Na fase ofensiva o Sutenor non vái porta, non eran capaces de poder marcar gol e isto foi un lastre na parte final do encontro .

A SAR foi moi superior na segunda metade e o Sutenor pagouno coa primeira derrota do ano. Toca volver o traballo para poder mellorar esos aspectos que tanto pecouse deles no encontro . Aínda así hay momentos moi bós e melloras que hoxe non se poden valorar no encontro pero que seguro que darán moito de sí nos seguintes enfrontamentos.

Forza Culle.

Resultado final: Bm Culleredo Sutenor 22- Sar Rodavigo 36.

BM Culleredo Sutenor: Helena Portas, Elena Aneiros, Aldara Allegue, Candela Tizón, Salma Martinez,Aroa Bestilleiro, Sara Villar, Aitana Gestal, Noa Otón , Celia Fuentes, Uxía Seoane y Sofía Orge.

SAR Rodavigo: Karla Fernandez,Aitana Crespo, Emma Troncoso,Loaira Cano,Daniela Figueroa,Daniela Miguez, Daniela Fernandez,Zoe Bouzón, Aloia Fernandez, Carlota Camino.

Parciales cada 5`: 2-2/5-5/7-8/11-11/13-15/15-19/16-23/10-29/22-32/22-36.

Árbitros:Martina Regueiro,Maria Astray.

Incidencias. Cuarta xornada da liga de Ouro infantil femenina, disputada no pavillón municipal de Almeiras, Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *