Saltar ao contido

A DEFENSA CONSEGUE DAR A VICTORIA ANTE O ABEGONDO.

Novo encontro do Fisioterapia Benestar ante o Abegondo, equipo que xa que disputou o Play Off de ascenso ante as nosas cullerdenses.

A dinámica quizáis foi a mesma que no anterior encontro onde o Fisioterapia Benestar dominaba o encontro dendo on comezo ata o final . A defensa 6:0 proposta polo equipo local estaba a dar moitos problemas ao equipo visitante quen non era capaz de superar nin físicamente nin tácticamente. As nosas aínda con moitos problemas no momento de situarse en determinadas accións ,solucionaban con axudas defensivas ou inteceptacións que daban pé a contrataques o ataques que solventábanse rápidamente ante a defensa 5:1 do equipo visitante.

O Fisioterapia Benestar propoñia un xogo colectivo que transformábase en xogo individual en certos momentos, pequenos detalles que hai que seguir pulindo para mellorar nesta faceta, a pausa e o dominio dos tempos teñen que estar cada vez máis presentes para poder melloralo xogo ofensivo .

Resultado ao descanso: Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 26- Bm Abegondo 5

Na segunda metade o equipo cullerdense mantivo un bó nivel na fase defensiva que permitialle recuperar balóns para de novo sair a contra ou comezar ataques colectivos para poder finalizar en zonas efectivas. O equipo visitante cambiaba a defensa a 6:0 e o equipo local atacabao mediante cruces que en certos mometos conseguiase moi boas situacións de lanzamento, mágoa desperdicialos pola falta de efectividade na súa finalización.

Bó encontro das nosas cadetes do Fisioterapia Benestar que non poden baixala garda xa que hai un obxetivo na mente que se quere conseguir para iso a concentración e intensidade non poden desaparecer en ningún momento , a alta exixencia debe manterse en todas as fases do encontro dende o quecemento ata o pitido final do encontro .

Noraboa polo encontro pero o luns toca volver o traballo para poder seguir dando pequenos pasos que axuden para poder chegar aos obxetivos marcados.

Resultado final: Bm Fisioterapia Benestar 44- Bm Abegondo Noroplaza 9.

Bm Abegondo Noroplaza: Elena Carro,Arianna Castelo, Carlota Fernández,Sara Roel, Carla Suarez, Lorena Romero, Sara Moar,Sofía Candal, Daniela Andrade, Noa Moar.

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar:Sara Fernandez, Sofia Meijide, María Otero,Alba Fernández, Antía Ferreño, Rosalía Veiga,Lola Romero, Carmela Eiras, Claudia Soto y Noa Otón.

Parciais cada 5`:4-0/8-2/12-3/15-4/21-4/26-5/29-6/34-7/36-8/38-9/44-9.

Árbitros: Martina Regueiro, Ángel Ortiz.

Incidencias: Xornada 3 da liga de prata cadete feminina, disputada no pavillón municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *