Saltar ao contido

DERROTA EN REDONDELA PERO SEMPRE SEN PERDER OPCIÓNS DE PUNTUAR

O Baía Edicións viaxaba a Redondela para enfrontarse ao SAR Bluenewables na quinta xornada da liga prata do grupo A. En xogo os postos altos concretamente o segundo posto, e isto o equipo local sabiao por iso empezou moi concentrado. O Baía edicións comezaba cunha defensa 6:0 onde estaba a responder con criterio obstaculizando o ataque local con éxito pero os problemas viñan na fase ofensiva onde a descoordinación entre a primeira liña, o xogo individual para atacar a defensa 5:1 estaba a lastrar ao equipo. No minuto 15 tan só 6 goles a prol do Baía Edicións. Aíndas así o equipo cullerdense non perdeu a cara do encontro e continuou o encontro de menos a máis. A falta de axuste no lanzamento impediu recortar as diferencias no marcador na primeira metade que chegouse cunha ventaxa de 3 goles a prol do equipo local .

Resultado ao descanso : Sar Bluenewable 15- Bm Culleredo Baía Edición 12.

Na segunda metade o Baía Edicións non foi capaz de dar un pasiño máis hacia diante, si que e verdade que non perdeu a dinámica do encontro pero o paso definitivo para poder darlle a volta ao marcador ante un bó equipo non puido darse . A nivel defensivo cambiause a dinámica cunha defensa 5:1 onde apareceron as interceptacións ou pérdidas de balón do equipo local , isto non se puido aproceitar o Baía Edicións por os ataques irregulares na fase ofensiva onde ainda que moito que axutar, as distancias, o momentos de carreira, as conexións entre postos colindantes ainda non están a aflorar como deberíase.

No úlitmo treito de encontro o equipo cullerdense apretou a defensa a 3:3 pero sen éxito xa que o equipo local soubo xogar ben con espacios máis abertos e sentenciou ata 5 goles a diferencia no marcador.

Queda moito que seguir traballando aínda que o esforzo e acittude sempre estivo presente , os encontros compitense dende o principio ata o final e este equipo o está a demostrar , estos son os primeiros pasos que debemos de dar para poder seguir un bó camiño.

Noraboa polo encontro pese a derrota xa que hai factores máis importantes que un resultado como é consolidar o modelo de xogo , manter unha dinámica nos adestramentos e manter un bó ambente nos adestramentos.

Resultado final : Sar Bluenewables 30 - Bm Culleredo Baía Edicións 25.

SAR Bluenewables: Uxía Bouzón, Carlota Moi, Mireia Yoiza,Alejandra Lorenzo, Carlota Figueroa, Uxía Crespo, Celia Couñago, Paula Ayude, Alba Sampil, leire González.

Bm Culleredo Baía Edicións: Aroa García, Carla Muiño, Lucia Cortegoso, Paula Peteiro,Carla Corral , María Bescansa, ,Lúa Fernández, Lola Romero, Claudia Soto,Alba Fernández, Carmela Eiras y Antía Ferreño.

Parciais cada 5`: 2-1/5-4/7-6/10-9/11-12/15-12/17-14/20-18/22-19/25-22/27-24/30-25.

Árbitros: Soraya Abelenda,Carlos Matías

Incidencias: Quinta xornada da liga prata xuvenil feminina do grupo A , disputada na Bombonera en Redondela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *