Saltar ao contido

INSUFICIENTE REACCIÓN DO BM.CULLEREDO EN VIGO

SM - BM Reconquista de Vigo vs Bm Culleredo

O BM.Culleredo, pon fin ao periplo de dúas saídas consecutivas sen poder sumar algún punto e xa ten a vista na volta a Tarrío o vindeiro sábado no transcendental encontro que lles enfrontará ao Campicarn - Martinpex BM.Porriño. No partido que os cullerdenses disputaron no día de onte ante o BM.Reconquista de Vigo, os olívicos mostráronse moi superiores, especialmente nun primeiro tempo onde deixaron practicamente sen opcións ao conxunto visitante (21-10). No segundo acto, ante un conxunto local que baixara unha marcha debido a diferenza que reflectía o electrónico e as múltiples rotacións, o BM.Culleredo ofreceu unha leve reacción que chegou a achegar ao equipo a catro goles a falta de tres minutos (32-28). A presión posterior ante a ausencia de tempo non daría os resultados apetecibles e os locais aproveitarían os espazos existentes para conseguir un último parcial de 4-0 e borrar as pequenas dúbidas que se podían xerar tras ese achegamento dos cullerdenses.

BM. Reconquista De Vigo: 36 (21+15). Yeray Simes, Pablo González, Nicolás Lamas (2), Iago Vidal (6), José Camiña (1), Alejandro Gómez (1), Javier Freijeiro (4), Sergio Altirribia (1), Pablo Garrido (2), Iago Rivas (2), Roberto Castro (2), Anxo Fontán (3), Agustín Franco (6), Ignacio Costas (4), Aier Vázquez (2).

BM.Culleredo: 28 (10+18). Jorge López (P), Oscar Bello (P) (1), Mario Bento, Lucas Sánchez, Manuel López (2), Alejandro Gómez (6), Nico Pérez (3), Marcos Regueiro, Nico Casal, Pedro Pereira (4), Iago Ferreiro (1), Marco García (5), Adrián Veira, Samuel Seijas (1), Darío Pérez (5), Adrián Díaz.

Parciais cada 5´: 3-2 / 7-2 / 11-4 / 15-7 / 19-7 / 21-10 / Descanso / 23-13 / 26-16 / 27-18 / 31-22 / 32-25 / 36-28 / Final. 

Colexiados: David Deniz e Diego Pastoriza.

Incidencias: 7ª xornada da temporada 2024/25 na 1ª nacional (Grupo A) . Partido disputado no municipal das Travesas, en Vigo con un centenar de espectadores nas bancadas, algúns deles, desprazados dende Culleredo.

Fotos Do encontro:

https://photos.app.goo.gl/5KkfjmfoiaRbsGim9

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *