Saltar ao contido

A DEFENSA FOI A CHAVE PARA ACADAR A VICTORIA EN CANGAS

Terceira victoria seguida para o Sutenor nesta liga regular de Ouro ante un rival moi compricado como era o Cangas na súa pista.

O equipo cullerdense saiu como unha moto neste encontro para xa nos primeiros compases adquirir unha boa ventaxa no marcador , no minuto 10 4 goles de ventaxa daban certa tranquilidade ao ataque cullerdense que mediante situación colectivas conseguiase lanzamentos dende os extremos ou situacións na liña de 6 metros coas pivotes. Pero quizáis o máis destacado ha sido a intensidade e as axudas defensivas que o Sutenor tivo presentes na maior parte dos minutos en defensa. Isto provocaba ataques moi longos do equipo rival e precipitacións que se trasladaban a recuperacións de balón por parte das miniguerreiras cullerdenses. Todo este esforzo tivo que incrementarse xa que un baixón no axuste dos lanzamentos facían que o ataque cullerdense non estivera exitoso na finalización no lanzamento e con isto no poder romper o marcador antes do descanso .

Resultado ao descanso Tecnosat Cangas 9- Bm Culleredo Sutenor 13.

Na segunda metade quizáis tivo a mesma tónica do encontro , pero con moitas máis pérdidas de balón en ataque , isto e os lanzamentos errados dende os 7 metros estaban a lastrar o ataque cullerdense, onde tiña que subir o nivel para poder manter a renta no marcador.

O úlimo tramo do encontro as defensas non tiveron tanto acerto e os ataques o aproveitaron , o Sutenor soubo xogar o último tramo , xogando con desmarques sen balón ante a defensa 3:3 local e así poder afianzar a terceira victoria e poder soñar con competir o seguinte encontro fronte a un rival tan compricado como vai ser a SAR de Redondela.

Queda moito que aprender tanto nos encontros coma nos adestramentos, todo conta , e todo suma . O martes o equipo volverá a os adestramentos nunha semana onde non xogarán e poderán descansar e coller forzas para o seguinte encontro .

Forza Culle.

Resultado final: Tecnosa bm Cangas 22- Bm Culleredo Sutenor 28.

Bm Culleredo Sutenor: Helena Portas, Elena Aneiros, Aldara Allegue, Aroa Bestillerio, Sofía Orge, Salma Martinez, Noa Otón,Aitana Gestal, Uxía Seoane,Sara Villar, Celia González, Yasmin Gabarri.

Tecnosat bm Cangas: Daniela Gómez,Claudia Cruz,Erika Jimenez,Barbara Lagoa, Chantal Lagoa,Lola Fernández,Nerea Marcos,Carla Fandiño, Maria Sahuquillo.

Parciales cada 5`:2-5/3-7/4-10/8-11/9-13/13-17/16-21/17-23/19-25/22-28.

Árbitros: César Diaz, Martín Rodriguez.

Incidencias: Terceira xornada da liga de Ouro infantil feminina , disputada no Gatañal en Cangas do Morrazo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *