Saltar ao contido

DEBUT CON VICTORIA PARA O ABOGACÍA CANOSA

Primeiro partido de liga regular para o Abogacía Canosa que enfronatábase ao equipo Oleirense do Balonmán Atlántico . Un encontro especial xa que era o primeiro da tempada para o Abogacía Canosa que estivo a traballar moi duro nos meses preparatorios.

O encontro comezaba cunha certa vantaxe positiva para as nosas cadetes que a través dunha permuta alta para iniciar o xogo na fase ofensiva conseguía situacións efectivas de gol,o balón circulaba e veianse boas maneiras de xogo .

Na fase defensiva cun sistema 6:0 o equipo estaba a responder de maneira efectiva aínda que evidentemente con erros.

Dominio absoluto do Abogacía Canosa que mandou no electrónico toda a primeira metade , tivendo vantaxes de 4 goles pero que o Atlántico reduciría a 1 antes do descanso nunha boa reacción do equipo visitante.

Resultado ao descanso : Bm Culleredo Abogacía Canosa 14- Bm Atlántico 13.

Na segunda metade a igualdade foi máxima, moitos erros por parte dos dous equipo sobretodo na execución do transporte de balón.

No minuto 20 o equipo visitante ponse 1 gol arriba complicando o encontro ao Abogacía Canosa que soubo responder inmediatamente e puido darlle de novo a volta ao marcador sendo constantes a nivel defensivo sobretodo moi solidarias nas axudas defensivas e na fase ofensiva do último treito o equipo foi moi disciplinado xogando sempre o modelo de xogo , iso realmente foi unha das craves para a remontada in extremis para poder defender a última xogada do encontro onde o balón foi por fora da porteria no lanzamento do Atlántico e os dous puntos quedaban na casa.

Felcidades ao Abogacía Canosa que estivo moi regular no encontro para poder levar os dous puntos depois de estar estos meses traballando moi ben . Aínda queda moito xa que isto só acaba de comezar .

Resultado final: Bm Culleredo Abogacía Canosa 26- Bm Atlántico 25.

BM Culleredo Abogacía Canosa: Sara Bello, Cintia Miguez, Eva Outón, Martina Arroyo, Alba Sanmartin , Simona Seo, Thais Villaverde, Daniela Pérez , Adriana Vázquez, Luana Gómez, Nadia Martinez.

BM Atlántico: Xiana Novo, Daniela Mosquera, Aroa Vilariño, Erika Larrea, Verónica López, Lucía Meiriño, Claudia Fernández, Carlota Diaz.

Parciales cada 5`: 4-2/6-4/9-5/10-8/11-10/14-13/15-15/17-17/18-18/20-21/23-22/26-25

Árbitros:Pablo Torreiro y Jorge Sánchez

Incidencias: Xornada 2 da liga de prata cadete femenina grupo A , disputada no pavillón municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *