Saltar ao contido

Contundente victoria do Remax Riazor grazas a un serio partido.

Comenzamos o partido con pouca velocidade no ataque e falla  de anticipación defensiva.Isto permitiu  que o encontro fora igualado durante os 15 primeiros minutos. A partires  deste momento os xogadores souperon reaccionar e grazas  a mellora  defensiva acompañada da labor da nosa portería , permitiunos  saidas rápidas  na transición para conseguir goles de forma sinxela. Con vantaxe de 6 goles a favor dos culleredenses chegouse o tempo de descanso.

Tras a reanudación o nivel do equipo foi en aumento e xa no minuto 8  a diferenza chegaba aos  10 goles.O entrenador local solicitaría tempo morto para intentar frear o xogo rápido e efectivo dos cullerdenses. Os visitantes seguirían coa mesma intensidade o que lles permitiu seguir aumentando a diferenza no electrónico e así conseguir a  victoria nun dos desprazamentos  difíciles da tempada.

Destacar o bo papel de todos os xogadores do equipo , no que cada un dos rapaces aproveitou o tempo que estivo en pista para axudar  o equipo a conseguir os 2 puntos.

Balonman Tui:22(13+9)

Izan,Marcos,Rubén, Roque,Cristian,Saul,Rodrigo,Aron,Dario ,Sergio,Lucas,Fabio,Andrés,Iago.

Balonmán Culleredo Remax Riazor:34(19+15).

Marco,Hugo,Adrián, Jairo,Samuel,Antón, Roi,Iván, Aarón,Nicolás, Jorge,Atalo,Xoán, Bruno,José Miguel.

Parciales cada 5’:2-2/ 5-5/ 7-9/ 8-14/ 11-16/13-19/ Descanso/ 14-22/ 15-25/ 16-26/17 -28/ 20-31/ 22-34/ FINAL.

Arbitros: Catarina Adao e Valery Michelle.

Incidencias :Partido correspondiente a 4 ° xornada de liga, disputada no pabellón municipal Gustavo Rodríguez de Tui ante un bo número de siareiros de ambos equipos. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *