
(CM) Culleredo despreocupate.es - Reconquista de Vigo
O BM.Culleredo Despreocúpate.es, conta os seus partidos por vitorias despois de disputarse a terceira xornada da liga Ouro en categoría cadete e permanece liderando a táboa de clasificación. Comezou frío o conxunto cullerdense no encontro deste Domingo, con moitas dificultades en tarefas defensivas e moi fallón ante a portería rival, algo demasiado recorrente desde o inicio da competición. O Reconquista De Vigo, expuña moitos problemas á retagarda local no 2x2 entre o lateral esquerdo e o pivote e sacaban redito unha e outra vez sen que os defensores de Culleredo puidesen resolver a situación. O equipo local caía no ritmo pausado dos olívicos e estrelábanse unha e outra vez contra o seu porteiro sumando malas definicións que non permitían ampliar os algarismos (7-3 minuto 10). A medida que ía facendo aparición algún acerto defensivo e que as finalizacións comezaban a ser mellores, as diferenzas no electrónico comezarían a ser maiores e así se conseguiría un renda importante de dez goles cando se chegaba ao tempo de descanso (21-11). Unha mellor disposición e intensidade defensiva, outorgaba un parcial contundente no primeiro meridiano da continuación (14-4) e ampliaba a diferenza a uns vinte goles que evidenciaban a superioridade do equipo de Culleredo no día de hoxe. Sen máis historia, a diferenza que reflectía o marcador seguiría aumentando ata concretarse nese 50-23 que deixa os dous puntos en casa e permite aos cullerdenses continuar apostados nos máis alto da táboa.
BM.Culleredo Despreocúpate.es: 50 (21+29). Hugo García (P), Jorge Amor (P), Iago Bolaños (P), Jairo Candamio, Lucas Faraldo, Hugo Bermúdez, Xoán Canedo, Alexis Martínez, Adrián Aneiros, Hugo Bregua, Diego Rodríguez.
BM.Reconquista De Vigo: 23 (11+12). Anxo Vázquez, Mario Nartallo, Juan Fernando Requejo, Leo Gallero, Mario Martínez, David Álvarez, Mauri Martínez, Anxo Rodríguez, Miguel Estévez, Iago Carneiro.
Parciais Cada5´: 4-2 / 7-3 / 11-6 / 13-8 / 17-10 / 21-11 / Descanso / 25-11 / 29-13 / 35-15 / 39-17 / 43-20 / 50-23 / Final.
Colexiados: André Pena e Ángel Ortíz.
Incidencias: Encontro correspondente á 3ª xornada na Liga Ouro cadete masculina. Partido disputado no pavillón de Almeiras con boa presencia de afeccionados.
