Saltar ao contido

Previa da xornada

Voltamos a ter unha fin de semana cargadiña de balonmán, esta xornada pragada de desprazamentos, cos nosos equipos repartidos por toda a xeografía galega. Afrontarán os/as nosos/as xogadores/as duros encontros nesta xornada, con rivais directos e desprazamentos que sempre son complicados.

(IF) TECNOSAT BM CANGAS VS BM CULLEREDO SUTENOR

As miniguerreiras do Culle viaxan a unha pista compricada pero moi bonita de xogar, O Gatañal, unha pista de Asobal onde poder xogar xa é un premio pero aínda así as nosas queren dobre premio e para iso terán que superar a un bo rival que no quere que se lle escapen os puntos na casa. O nivel de intensidade na defensa e o desmarques sen balón na fase ofensiva serán unhas das craves do encontro.

(IM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS BM LÍNEA 21 TRANSGALO

Este domingo ás 13:00 volta a xogar na casa o Bm Culleredo Óptica Gallaecia e desta vez faino recibindo aos veciños do Línea 21 nun moi difícil encontrol. Deberán os nosos facer un moi bo traballo a nivel defensivo sobre todo para freala superioridade física dunha parte do equipo coruñés e a partires dahí poder xogar con maior claridade na fase ofensiva, donde debemos reducilo número de perdas e amosarnos máis efectivos no lanzamento. Sen dúbida un econtro para loitar e disfrutar!

(CF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS CLUB BALONMANO ATLÁNTICO

Debut das nosas cadetes do Abogacía Canosa que xogarán ante os veciños de Oleiros. O equipo estivo a adestrar moi ben nestes últimos meses e quere demostralo para poder optar aos primeiros puntos da tempada. O equipo visitante no o porá nada doado polo que se presume un encontro onde se loitará dende o minuto 1 ao 60.

(CF) BM BRIGANTIUM NUNEGAL VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

O Fisioterapia Benestar buscará esta fin de semana outra nova vitoria, esta vez fronte ao equipo coruñes do Brigantium. O Fisioterapia ven dunha cómoda vitoria pero non quere relaxarse de cara a este encontro e así poder sumar uns novos 2 puntos que lle permitirán estar nos postos altos da táboa do Grupo Norte.

(CM) CLUB BALONMANO ATLÁNTICO VS BM CULLEREDO SALUME COCINAS

Visitarán os nosos cadetes do Bm Culleredo Salume Cocinas o Valle Inclán, pavillón no que sempre é compricado sacar puntos e fano os nosos chegando cunha moi boa semana de traballo, a loita polos 2 puntos pasa por unha mellora defensiva, donde os despistes nos poden costar moi caros.

(CM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS BM RECONQUISTA DE VIGO

Volve a liga Ouro cadete a Almeiras e o Despreocúpate.es recibe ao BM.Reconquista de Vigo. Será o Domingo ás 11.00h en Almeiras, nun encontro onde os cullerdenses parten co obxectivo de mellorar a nivel defensivo e que isto lles axude a sumar dous novos puntos que lles manteñan no máis alto da táboa.

(XF) BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS VS SUEVIA XIRIA

As nosas xuvenís xogan por terceira vez na casa, esta vez fronte ó Suevia Xiria de Carballo, unha vitoria e unha derrota é o balance ata o de agora do Baía e é unha boa ocasión para rompela igualdade positivamente. Para iso terá que ter altos niveis de concentración e ser máis regular na fase ofensiva. 

(XM) MILLAVÉN CP LUCENSE VS BM CULLEREDO GALAICO CARAVANNING

O vindeiro sábado as 10:00 da mañá, os xogadores do Galico Caravaning desprázanse  a terras lucenses para disputar a 3° xornada ligueira.

Espérase un envite moi duro, onde teremos que mostrar unha gran solidez defensiva xunto cun xogo dinámico e veloz en ataque ,para poder disputar a vitoria nunha das pistas mais difíciles da categoría.

(XM) CLÍNICA VETERINARIA TUI VS BALONMÁN CULLEREDO REMAX RIAZOR

Partido complicado para o BM.Culleredo Remax Riazor, que desexa seguir coa súa serie triunfal e sumar un novo triunfo que o manteña no máis alto da táboa. Para iso, o equipo de Culleredo deberá de realizar un partido moi serio e ser regular durante os sesenta minutos.la defensa deberá de responder a gran nivel para frear o poderío da primeira liña tudense. O encontro dará comezo ás 17.15 no pavillón P.Municipal Gustavo Rodríguez.

(SM) BM SAEPLAST CAÑIZA VS BALONMÁN CULLEREDO

O Balonmán Culleredo, desprázase esta fin de semana á Cañiza para disputar unha nova xornada na primeira nacional. Trátase dun partido vital para os intereses de ambos os conxuntos, tendo en conta que os locais se sitúan por baixo dos cullerdenses con tan só dous puntos na súa marcadora. Algúns dos xogadores do Balonmán Culleredo, están esta semana entre algodóns debido a lesións ou golpes e espera recuperar á maioría para este importante enfrontamento que levará a cabo o Sábado ás 18:00h no municipal da Cañiza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *