Saltar ao contido

Bo traballo do Climanosa en Lugo que vale 2 puntos

Esta fin de semana daba comezo a competición de Liga Prata na categoría infantil e tocáballes aos nosos desprazarse a terras lucenses.

Chegaban os nosos rapaces do Bm Culleredo Climanosa a Lugo dispostos a amosar todo o traballado dende o comezo da tempada e dábase un inicio de encontro moi favorable aos nosos, que atopaban con facilidade o camiño ao gol. Nesta primeira fase do encontro estaban a traballar moi ben os avanzados da nosa defensa 3:3 coas súas responsabilidades individuais, pero a falta de contundencia nas axudas ante o erro facíanos encaixar goles que non deberíamos.

Conseguíamos correxir eso e mediante boas defensas e rápidas transicións chegábamos ao gol de forma sinxela, sendo máis compricado no ataque estático sufrindo para atopar solucións, donde a 6:0 local, á que ainda non están acostumados os nosos se lles atascaba.

Un mal comezo do segundo tempo permitíalles aos locais aproximarse no marcador a tan só 3 goles, pero de novo unha reacción dos nosos valía para volver a separarnos no electrónico. A falta de folgos locais no tramo final do encontro foi decisiva e ante a nosa presión empezaban a aumentalos erros rivais, permitíndonos facernos con numerosos balóns e pechalo partido de forma definitiva.

Millavén CP Lucense: 24 (11+13) Mohamed, Óscar, Nuno, Rodrigo, Martín, Ernesto, Andrés, Ian, Breixo, Víctor, Aryan, Hugo, Nicolás.

Bm Culleredo Climanosa: 36 (17+19) Jorge, Anxo, Óliver, Iván, Mauro, Fran, Pablo, Hugo, Roi, Nicolás, Mario.

Árbitros: Jose López e Juan Carlos Amoedo, levaron o encontro de forma correcta.

Incidencias: Partido correspondente á 1ª xornada da Liga de Prata infantil masculina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *