
Nova xornada en Almeiras para o Sutenor que volvía a recibir ao Balonmán Tui despois de xogar xa contra elas no Play Off de ascenso .
O equipo estaba concienciado para levar o plan de partido e así foi , boa concentración e gran intensidade inicial para poder conseguer o éxito defensivo e poder sair rápido a contra e poder conseguir xa dende o comezo certa ventaxa, ventaxa que tan só tardou e chegar pola falta de efectividade no lanzamento fronte a porteira visitante. Unha vez axustado o lanzamento as diferencias comezaron a xurdir.
Novamente a intensidade e organización defensiva estaba a dar rédito ao Sutenor que chegaba ao descanso cunha amplia ventaxa.
Resultado ao descanso : Bm Culleredo Sutenor 16- Bm Tui 6.
Tan só 6 goles recibidos na primeira metade daba unha tranquilidade para poder xogar a fase ofensiva, no que o Tui cunha defensa 5:1 moi pechada poñia en dificultade o ataque cullerdense que non era capaz de xogar cara as situacións de espacios libres. Ainda asi o ataque estaba a ser dinámica e as rotacións notabanse para realizar accións ao 100% co paso dos minutos na segunda metade.
Quizáis baixou o nivel defensivo na segunda metade pero a actitude , a solidaridade e a ilusión contrarestaban ese baixón . O equipo segueu o camiño que tiña se seguir e os dous puntos quedaron en Almeiras para poder continuar cun liderato compartido a puntos. A próxima semana visitamos O Gatañal en Cangas, unha pista de Asobal onde sempre é bonito xogar un encontro oficial .
Noraboa pola victoria e a seguir traballando para mellorar.
Forza Culle.
Resultado final : BM Culleredo Suteno 36- Bm Tui 16
BM Culleredo Sutenor: Helena Portas, Elena Aneiros, Aldara Allegue, Candela Tizón, Salma Martinez,Aroa Bestilleiro, Sara Villar, Aitana Gestal, Noa Otón , Celia Fuentes, Uxía Seoane y Sofía Orge.
Bm Tui:Lola Mourón, Lorena Vaz, Aynara Rodriguez, Mara Fernández,Noa Vaz, Alejandra Martinez, Avril Alhadeff, Lucia Tena, Naihara Romero, Alejandra Vidal, Andrea Sousa.
Árbitros: Daniel González, María Astray.
Incidencias. Segunda xornada da liga de Ouro infantil femenina, disputada no pavillón municipal de Almeiras, Culleredo.
