Saltar ao contido

O RITMO DEFENSIVO PERMITE OBTER OS DOUS PUNTOS.

O Sábado o Fisioterapia Benestar comezaba a súa andadura na liga Prata , o rival que visitaba Tarrío sería o Carbónicas Landeira balonmán Xallas, un equipo que saía cunha defensa 5:1 para frear o ataque rival pero que non foi exitosa. O Fisioterapia Benestar comezou a traballar situación eficaces de cara o gol para poder ter éxito ofensivo, mentres na fase defensiva o plantexamento do equipo local era dun 6:0 onde propoñia que o equipo rival non estivera cómodo dentro de 9m e tivera que ter unha alta velocidade de balón . A intensidade defensiva e predisposición eran altas e xa no primeiros 10 minutos a diferencia no marcador era alta.

O ritmo defensivo estaba a marcar o encontro xa que tan só 6 goles recibidos en 20 minutos facían presaxiar unha gran diferencia entre os dous equipos.

Resultado ao descanso : Bm Culleredo FIsioterapia Benestar 20- Carbónicas Landeira bm Xallas 9

Na segunda metade ao equipo co paso dos minutos baixou o rendemento a nivel defensivo , a liña defensiva estaba a ser moi plana, a anticipación comezou a desaparecer na actitude defensiva e isto fixo que o equipo visitante estivera un pouco máis cómodo en ataque.Aínda así o encontro estaba a ser controlado e a diferencia mantivose.

Bó encontro inicial de liga regular para ir collendo a sistemática do campionato e poder estar nos postos altos da clasificación. Non hai que baixar a garda en ningún momento si se quere acadar un obxetivo en común, para iso tocar seguir traballando cada semana.

Afrontar novos retos debe de ser un incentivo diario que debense entender e trasladalos a os adestramentos.

Forza Culle.

Resultado final: Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 36 - Carbónicas Landeria bm Xallas 21

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar: Sara Fernandez, Sofia Meijide, María Otero,Alba Fernández, Antía Ferreño, Rosalía Veiga,Lola Romero, Carmela Eiras, Claudia Soto.

Carbónicas Landeria bm Xallas:Aitana Rey, Noa Pose,Noelia Amarelle,Alison Caamaño,Yasmin González, Amanda Martinez, Sara Souto,Isabella Sofía , Xiana Facal, Dalia Pensado.

Parciais cada 5`: 5-1/9-3/12-5/16-6/18-8/20-9/22-11/26-12/28-13/31-16/33-18/&36-21

Árbitros: Noelia Mata, Rosalía Astray

Incidencias: Xornada 2 da liga de prata regular grupo A, disputada no pavillón municipal de Tarrío.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *