
Novo encontro do Baía Edición outra vez en Almeiras para xogar ante o Bm Tui . Depois da victoria ante o Cañiza e o bó xogo as nosas guerreiras do xuvenil querían demostrar esta regularidade de xogo pero quizáis pasou todo o contrario , se no encontro anterior apenas houbo pérdidas de balón neste acrecentáronse moito .Aínda así o equipo estaba a manter a compostura sobretodo a nivel defensivo onde provocaba moitos lanzamentos exteriores onde o equipo visitante non tiña efectividade. A defensa 6:0 estaba a ser eficiente , con erros pero estaba a ser correcta. O problema nesta ocasión estaba na fase ofensiva onde as perdidas de balón mediante filtracións de pase a pivote , o lanzamentos errados ou o xogo estático para iniciar en bote estaban a ser una pesadela para o equipo local . Pese a todos estes erros o Baía Edicións chegaban ao descanso con 2 goles por enriba no marcador.
Resultado ao descanso : Bm Culleredo Baía Edicións 11- Bm Tui 9
No descanso cambiaron moitas cousas sobretodo no Baía Edicións, sobretodo na fase defensiva ,onde erro tras erro estaban a lastrar a defensa cullerdense que estaba superada polo equipo visitante sen facer moito esforzo , a falta de concentración e intensidade estaba a lastrar ao equipo cullerdense que en 5 minutos xa tiña toda a vantaxe perdida. Despois dun tempo morto a dinámica continuou co mesmo papel e o Tui comenzou a sacar moita máis renta. Se antes o Baía Edicións estaba a aguantar o encontro a base de defender , agora sen esa baza e os erros na fase ofensiva que seguían a ser os mesmos condenaban ao equipo local .
Unha pequena reacción do equipo cullerdense fixo que a ilusión da remontada puidera estar presente no que quedaba de encontro , incluso o Baía Edicións consegue volver a empatar o encontro pero os lanzamentos errados e o repliegue defensivo sería a crave para que o Tui moito máis intenso na segunda metade puidera levarse a victoria e os dous puntos.
Bó encontro do Baía Edicións aínda que con moitas imprecisións nas dúas fases xerais do xogo . Pese a esas imprecisións hay que quedarse que o equipo competiu e iso e un factor moi importante para felicitar ao equipo , agora toca seguir traballando de cara o seguinte encontro.
Forza Culle.
Resultado final: Bm Culleredo Baía Edicións 26- Bm Tui 28.
Bm Culleredo Baía Edicións: Aroa García, Lúa Fernández, Leire Barbeito, Paula Peteiro, Lucía Cortegoso, Carla Corral, María Bescansa,Carla Muiño, Carmela Eiras, Antía Ferreño, Lola Romero yRosalía Veiga.
Avatel Bm Tui:Naiara Lorenzo, Claudia Cruces, Uxía Vidal, Uxía Soliño,Sandra Martinez, Yesica Vaz,Marta Pérez, Nerea González, Africa Rodriguez, Vera Carral.
Parciais cada 5`: 2-2/5-3/6-3/8-4/10-7/11-9/12-13/16-16/17-20/21-21/22-24/26-28
Árbitros: Daniel González, María Astray.
Incidencias: Xornada 3 da liga prata xuvenil femenina, disputada no pavillón municipal de Almeiras.
