
(XM) BM Culleredo Remax Riazor - BM Reconquista de Vigo
O BM.Culleredo Remax Riazor, impúxose ao BM.Reconquista de Vigo nun partido que tivo dous partes claras no primeiro acto e unha, marcada pola maxistral defensa dos cullerdenses no segundo tempo e que ao cabo lles daría un amplo triunfo ante un conxunto olívico que competíu de xeito notable e deixou boa imaxe no municipal de Tarrío. O BM.Cullereco Remax Riaxor, comezou o encontro marabillando no seu xogo, desde a muralla erixida fronte á portería defendida por Marco, ata a facilidade, a fluidez e a lucidez na toma de decisións nas diferentes fases atacantes. Ante tal superioridade e ao primeiro de vez, o técnico visitante víase obrigado a esgotar o seu primeiro tempo morto para tentar reconducir ao seu equipo que nos primeiros cinco minutos xa perdía por 7-2. Os intentos do adestrador vigués por avivar aos seus, non tiveron unha incidencia inmediata e a distancia entre ambos os conxuntos, seguían movéndose entre os cinco e seis goles a favor do equipo local. Foi a partir do minuto quince, comezando polo cortocircuito evidente na retagarda e acompañados por erros non forzados en ataque, cando os cullerdenses empezaron a ser superados polo seu rival, que no plano anímico íase agrandando á vez que creaba serias dúbidas nos locais. Un 4-11 de parcial nos últimos quince minutos, facía posible o sorpaso e o BM.Reconquista de Vigo chegaba ao descanso dominando por dous goles (19-21).
O BM.Culleredo Remax Riazor, atopábase nun contexto nada habitual, tanto polo resultado parcial como polos goles encaixados e o tempo de descanso parecía chegar no momento idóneo para volver á tranquilidade e reiterar conceptos xa asimilados que levarían ao equipo a voltear de novo o marcador. A reacción non se fixo esperar e o BM.Culleredo Remax Riazor saíu ao 40x20 como o fixera ao comezo do encontro, dando mostras que os quince minutos de desconexión foran un accidente. Aos cinco minutos da continuación, os de Culleredo xa dominaban por dous goles (24-22) e, no meridiano do segundo acto, despois dun parcial de 7-1, xa o facían por oito (31-23), finiquitando virtualmente o encontro. A gran defensa, con tan só seis goles encaixados nos segundo trinta minutos, sería clave e fiel reflexo da identidade deste equipo, que consigue outro resultado amplo e suma dous novos puntos para continuar no máis alto da táboa clasificatoria.
BM.Culleredo Remax Riazor: 39 (19+20). Hugo Díaz (P), Marco González (P), Teo López (3) ,Aarón Blanco, Jairo Míguez, Alejo Martínez, Xoán Canedo, Nicolás Casal, Atalo Bello, Roi Fdez, Josemi Martínez, Samuel Seijas, Iván Sánchez, Jorge Outón, Antón Pérez, Adrián Veira.
BM.Reconquista De Vigo: 27 (21+6). David González, Isaac Mani, David García, Gael Gallero, Nicolás Lamas, Nicolás Fdez, Fernando Jesús Murillo, Adrián Italiani, Ricardo Andrés Soto, Mario Tourón, Santiago Pousa, Leonardo Soutullo, David Comesaña, Aarón Rodríguez.
Parciais cada 5´: 7-2 / 11-5 / 15-10 / 15-14 / 16-19 / 19-21 / Descanso / 24-22 / 26-22 / 31-23 / 37-26 / 38-26 / 39-27 / Final.
Colexiados: Pablo Barreiro, Martina Regueiro.
Incidencias: Encontro correspondente á 3ª xornada daLiga Ouro xuvenil disputado no pavillón de Tarrío con presencia de siareiros de ambos os conxuntos.
