
Enlace para ver o partido:
(SM) BM Culleredo - BM Ingenio
O BM.Culleredo, recibía este pasado Sábado no municipal de Tarrío a un BM.Ingenio repleto de xogadores con experiencia e cunhas capacidades físicas superiores aos locais. Un conxunto que en moitas das últimas tempadas coqueteaba cos postos altos da táboa e que este ano, comeza cun novo proxecto ambicioso nesta primeira nacional. Os cullerdenses, afianzados no seu traballo e nun espírito competitivo encomiable, partían coa ilusión de poder impoñerse a un equipo teóricamente superior e recuperar a senda da vitoria no municipal. O partido movíase desde o inicio en algarismos favorables aos canarios, pero próximos para os cullerdenses. O BM.Ingenio, castigaba con rápidos contraataques e en accións de contragol as perdas de balón e o balance deficitario do BM.Culleredo e establecía diferenzas que oscilaban entre os tres e catro goles, unha distancia que separaba a ambos os equipos ao termo dos primeiros trinta minutos (16-20). Esforzábanse, loitaban e resistíanse os de Culleredo á derrota, sempre por detrás no marcador e co hándicap que a retagarda non estaba a conseguir frear as acometidas dos insulares, pero un 5-3 de parcial achegábaos a tan só tres goles cando o encontro agonizaba. Era o momento épico, a ocasión, pero o conxunto visitante tiraba de experiencia e mantiña a calma para frear a última acometida dos cullerdenses e regresar cos dous puntos ás illas afortunadas.
BM.Culleredo: 36 (16+20). Jorge López (P), Oscar Bello (P), Lucas Sánchez, Manuel López (1), Alejandro Gómez (3), Nico Pérez, Marcos Regueiro, Daniel González (2), Pedro Pereira (4), Iago Ferreiro (9), Iván Sánchez, Samuel Seijas (6), Alejo Martínez (3), Nuno Loxo (1), Darío Pérez (7), Adrián Díaz.
BM.Ingenio: 40 (20+20). Alberto Falcón, Jesús Roberto Santana (4), Daniel Jesús Martín (5), Rafael Sánchez (2), Armando Santana (3), Carlos J. Sánchez, Pablo Hernández (1), Gabriel Sánchez (1), Javier Sánchez (3), Jordán Xerach (2), Carlos Belmonte, Javier Castro (3), Michael Martín (11), Marcos Rodríguez, Daniel Muñoz (5).
Parciais cada 5´: 2-2 / 5-8 / 8-11 / 12-16 / 14-17 / 16-20 / Descanso / 19-23 / 22-27 / 25-29 / 27-33 / 33-36 / 36-40 / Final.
Colexiados: Pablo Barreiro e Christian García.
Incidencias: 5ª xornada da temporada 2024/25 na 1ª nacional (Grupo A) . Partido disputado no municipal de Tarrío con boa afluencia público.
Fotos do encontro:
