Saltar ao contido

AMPLA VITORIA DO BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES, ANTE O TEUCRO PARA SEGUIR NO ALTO DA TÁBOA

J.2 LIGA ORO CADETE MASCULINO. SD TEUCRO AYF CORREDURÍA VS CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES

Segundo partido de competición e segundo triunfo por ampla diferenza do BM.Culleredo Despreocúpate.es nesta Liga Ouro. Os cullerdenses, tiveron de novo un inicio irregular, especialmente marcado, xa de forma recorrente, polos desaxustes defensivos que dan moitas facilidades aos seus rivais. As amplas posibilidades nas facetas de ataque, con xogadores resolutivos en todos os postos, son as que comezarían a marcar as primeiras diferenzas importantes no electrónico (23-17), pero para iso xa se consumiran vinte minutos. Nos últimos cinco, un 3-5 de parcial faría posible que os cullerdenses chegasen ao tempo de descanso coa máxima diferenza ata o momento (28-20).
No segundo acto, o equipo de Culleredo finiquitaría o partido de forma prácida, aínda que o gran debe do equipo, cunha media de 39 goles encaixados en dúas xornadas, segue sendo a faceta defensiva. Sen dúbida, un aspecto imprescindible no que terá que continuar traballando o conxunto de Culleredo se desexa competir con rivais de maior entidade no futuro e poder aspirar a ese liderado que ocupa actualmente.

SD Teucro AYF Correduría: 37 (20+17). Pablo Louro, Pedro Calvo, Andrés García, Diego Ríos, José Antonio Díz, Anxo Santomé, Rodrigo Iván Louro, Mauro Jiménez, Artai Torres, Leo Rey, Gabriel Baeza, Martín Veiga, Gabriel Pacheco, Yeray Iglesias.

BM.Culleredo Despreocúpate.es: 52 (28+24). Hugo García (P), Jorge Amor (P), Iago Bolaños (P), Jairo Candamio, Lucas Faraldo, Hugo Bermúdez, Xoán Canedo, Alexis Martínez, Adrián Aneiros, Iván Gantes, Alejandro Soto, Teo Gómez, Hugo Bregua, Mauro Fdez, Diego Rodríguez.

Parciais Cada5´: 4-6 / 7-9 / 12-14 / 15-18 / 17-23 / 20-28 / Descanso / 20-32 / 25-37 / 28-42 / 30-44 / 33-49 / 37-52 / Final.

Colexiados: Catarina Adao e Mateo Gómez.

Incidencias: Encontro correspondente á segunda xornada na Liga Ouro cadete masculina. Partido disputado no pavillón dos Deportes De Pontevedra con boa presencia de afeccionados de ambos os conxuntos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *