Saltar ao contido

O BAÍA EDICIÓN CONSEGUE UNA VICTORIA CON BÓ XOGO

Debut do Baía Edicións no campionato regular no que consegue a primeira victoria do ano.

Moitos nervos nas xogadoras cullerdenses antes de empezar o encontro ,isto desapareceu tralo pitido inicial , nese momento as xogadoras do Baía Edicións transformáronse e puxéronse con mono de traballo para levar o plan de partido ao noso terreo.

Na fase defensiva o Baía Edicións cun sistema defensivo 6:0 lograba situacións eficaces en defensa provocando lanzamentos lexanos o en zonas de pouca efectividade. Bó traballo a nivel defensivo xa que en 17 minutos tan só recibían 3 goles. Isto daba moita confianza de cara a fase ofensiva que mediante un xogo colectivo e organizado lográbanse boas situacións de cara o gol

Resultado ao descanso Bm Culleredo Baía Edicións 15 - Bm Cañiza 8.

Tras unha boa primeira parte o equipo local non quería tirar na segunda parte todo o gañado na primeira e a intensidade e organización defensiva foi crave para poder manter a distancia e incluso aumentala en certos momentos do encontro .

O Balonmán Cañiza cambiou o sistema defensivo toda a segunda metade a un 5:1 onde as nosas con diferentes procedementos de transformación lograban situacións claras de gol , e proporcionando un bó xogo colectivo. A diferencia no marcador foise acrecentando cada vez máis , a defensa e a portería estaban moi ben coordinadas e o ataque fluía correctamente para poder seguir co ritmo do encontro , un ritmo de encontro que sempre estivo dominado polo equipo local.

A ilusión , a solidaridade e as gañas de competir estiveron presentes no encontro istos factores foron determinantes para que o equipo fora nun único e camiño correcto para poder competir o encontro .

Nora boa polo encontro e pola victoria obtida.

Forza Culle.

Resultado final Bm Culleredo Baía Edicións 30 - Bm Cañiza 18.

Bm Culleredo Baía Edicións: Aroa García, Carla Muiño, Lucia Cortegoso, Paula Peteiro,Carla Corral , María Bescansa, Leire Barbeito,Lúa Fernández, Lola Romero, Sofía Meijide,Alba Fernández, Carmela Eiras y Antía Ferreño.

Bm Cañiza:Lucía Pereira, Olaya Piñeiro,Carla Miguelez,Lola Rodriguez,Laura Loira,Daniela Carrera,Martina Marchitteli,María Giraldez, Eire González.

Colexiado:Andreé Pena Y Ángel Ortiz.

Incidencias:Xornada 2 do grupo A da liga juvenil femenino prata, disputado no pavillón municipal de Almeiras en Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *