
O Balonmán Culleredo Sutenor retornaba a liga de Ouro nesta tempada viaxando a Sanxenxo para disputar o primeiro encontro contra o equipo local o Dislausa balonmán Sanxenxo.
Xa despois da fase previa e do Play Off as nosas xa non tiñan tantos nervos e iso o demostraron no inicio do encontro impoñendo un 0-4 de parcial nos primeiros 2 minutos de xogo .
A defensa do equipo local non era quen de frear as envestidas do equipo cullerdense que encontraba boas situacións de xogo mediante 1x1 o co xogo coa pivote.
Na fase defensiva o Sutenor estivo moi acertado e centrado no plan do partido , intentando obstaculizar o máximo posible o ataque local , no que repercutía nun 1x1 nas zonas laterais o cun pase e vai onde as nosas organizábanse rápidamente para interpoñerse entre o balón e a portería.
Ao descanso un claro 11-25 a prol do Sutenor evidenciando o bó traballo a nivel defensivo.
Resultado o descanso Dislausa bm Sanxenxo 11- Bm Culleredo Sutenor 25.
Na segunda metade a tónica foi moi similar, ainda que con más erros defensivos pero para iso e para enmendar os erros da defensa aparecía unha vez máis Helena Portas para atallar diferentes lanzamentos .
O Sanxenxo puso en máis apuros a defensa culleredense pero a diferencia era moi alta no marcador. O Sutenor a nivel ofensivo non estaba a ter unha gran problemática e o encontro foi transcurrendo sen incidencias maiores no resultado pero si con boas incidencias de cara o xogo ofensivo do equipo cullerdense. Pouco a pouco vense pequenas situacións favorables as nosas.
Bó partido do Sutenor que suma 2 puntos cun bo xogo colectivo pero que aínda queda moito que traballar e mellorar para perfeccionar diferentes situacións tanto defensivas como ofensivas .
Noraboa pola victoria.
Forza Culle.
Resultado final: Dislausa Bm Sanxenxo 27- Bm Culleredo Sutenor 43.
Dislausa Bm Sanxenxo: Nagore Fernández,Yanira Basdedios,Sara Salomón,Daniela Fandiño,Paula Padín,Sabela Fernandez, Lia Fernández,Laura Conde,Clara Fernández, Lara Outón,
Bm Culleredo Sutenor: Helena Portas, Aldara Allegue, Candela TIzón, Aroa Bestilleiro, Aitana Gestal,Uxía Ramallo, Celia González, Sara Villar, Noa Otón, Elena Aneiros y Sofía Orge.
PARCIALES CADA 5`:1-6/3-11/5-15/9-23/11-25-descanso-13-29/16-34/18-36/24-39/27-43.
Colexiados: César Diaz y Daniel Paredes.
Incidencias: Xornada 1 da liga de Ouro infantil femenina, disputada no Pavillón municipal de Vilalonga en Sanxenxo.
