Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES, CONSEGUE OS DOUS PUNTOS NUN PARTIDO MARCADO POLA INOPERANCIA DEFENSIVA DE AMBOS OS CONXUNTOS

103 goles en sesenta minutos, ese é o inusual resultado anotador no encontro que abriría a liga Ouro cadete masculina para o BM.Culleredo Despreocúpate.es. Uns algarismos que, a pesar da ampla vitoria, deixan un sabor agridoce e preocupante na parroquia local debido á suma de erros de vulto na retagarda. O máis rechamante, é que os cullerdenses comezarían ben apostados na súa parcela defensiva, traballando con claras intencións pro-activas na sistemática 5:1 e recuperando unha e outra vez a pelota despois de provocar os moitos e diversos erros na primeira liña visitante. Os primeiros parciais contundentes (5-1, 6-2 e 10-3), desarbolaban aos olívicos na transición tras perda e obrigaba ao técnico visitante a solicitar rapidamente o seu primeiro tempo morto. Con dez goles de diferenza no paso polo meridiano do primeiro acto (16-6), o dominio do BM.Culleredo Despreocúpate.es facíase máis evidente, pero sería entón, ante a notoria superioridade, cando a relaxación dos xogadores cullerdenses implicaría un baixón na concentración e actitude defensiva nos 45 minutos posteriores. Esto levaría a cometer erros graves na basculación defensiva, nos cambios de opoñente, nos esvaramentos con pivote, na perda das costas ante ataques directos ou nas transformacións dos extremos. Se o equipo encaixara seis goles en quince minutos, vía como a súa portería era batida case o dobre (11 goles) nos seguintes quince, os últimos antes de que concluíse o primeiro acto. A pesar do intento de reconducir a situación no tempo de descanso, a segunda parte aínda sería peor e ambos os equipos, cunha posta en escena indolente nas súas respectivas defensas, acumularían un parcial de 34-25 nos definitivos trinta minutos, uns guarismos impropios de conxuntos de Liga Ouro. Dous puntos importantes no inicio da competición para o BM.Culleredo Despreocúpate.es, pero moitísimo por mellorar na parcela defensiva de cara a futuros encontros se o equipo ambiciona competir polos postos altos da táboa clasificatoria.

BM.Culleredo Despreocúpate.es: 62 (28+34). Hugo García (P), Jorge Amor (P), Iago Bolaños (P), Jairo Candamio, Lucas Faraldo, Hugo Bermúdez, Alexis Martínez, Adrián Aneiros, Xoán Seoane, Iván Gantes, Alejandro Soto, Teo Gómez, Hugo Bregua, Mauro Fdez.

Hierros Miguel Seis Do Nadal: 41 (17+24). David Valle, Leo Garcés, Alejandro Dorado, Mario Ledo, André Valls, Roi Castañón, Bruno Meleiro, Santiago Fandiño, Gonzalo Pombo, Manuel Vieitez, Iago Kamp, Roque Pombal.

Parciais Cada5´: 5-1 / 10-3 / 16-6 / 21-10 / 25-12 / 28-17 / Descanso / 34-21 / 38-24 / 45-27 / 52-32 / 59-39 / 62-41/ Final.

Colexiados: André Penae Ángel Ortíz.

Incidencias: Encontro correspondente á primeiraa xornada na Liga Ouro cadete masculina. Partido disputado no pavillón de Almeiras con boa presencia de afeccionados de ambos os conxuntos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *