
Despois dunha fin de semana intensa de tres partidos noutros tantos días, o Play-Off cadete disputado en Culleredo saldouse coa brillante clasificación para a liga oro do BM.Culleredo Despreocúpate.es. Cun pleno de vitorias, o conxunto cullerdense mostrou unha solvencia notable e un espírito competitivo digno de encomiar ante os rivais de Vigo, O Grove e Lalín. Especialmente, o encontro que enfrontou a cullerdenses e dezáns o Sábado pola tarde en Tarrío, dignificou e de que maneira o balonmán de base, ofrecendo un espectáculo repleto de igualdade, tensión, incerteza e bo balonmán. Ao final, o conxunto locatario puido impoñerse por un tanteo de 37-35 a un dos conxuntos máis potentes de Galicia e claro candidato ao título de campión galego. Esta vitoria na segunda xornada da competición, serviría aos rapaces de Culleredo para selar o billete á liga Ouro e presentarse nunha última xornada que xa non tería maior transcendencia para eles. Aínda así, o equipo sacaría adiante o seu partido ante o Rasoeiro do Grove para asinar un pleno de vitorias e mostrar un nivel ilusionante para afrontar a potente Liga Ouro. Con este afán competitivo e a capacidade de esforzo, a melloría en tarefas defensivas e no sentido táctico no posicional, debería de ser unha realidade nos próximos meses para ver a un conxunto ambicioso, sen complexos e con posibilidades de competir polos obxectivos máis altos.
Os artífices desta brillante clasificación para a Liga Ouro do BM.Culleredo Despreocúpate.es, son:
Hugo García (P), Jorge Amor (P), Iago Bolaños(P), Lucas Faraldo, Hugo Bermúdez, Alex Soto, Xoán Canedo, Alexis Martínez, Mauro Fdez, Diego Rodríguez, Jairo Candamio, Xoán Seoane, Hugo Bregua, Teo Gómez, Iván Gantes e Adrián Aneiros.
Partido BM.Culleredo Despreocúpate.es VS Federópticos Pereiro Lalín:
(CM) Culleredo despreocupate.es - Federópticos Pereiro Lalín (youtube.com)
Fotos do Play-Off:
