
(XM) Culleredo Remax Riazor - Tecfrisa Rasoeiro BM (youtube.com)
De forma brillante e con enorme solvencia, así certificou a súa clasificación á liga Ouro o BM.Culleredo Remax Riazor esta pasada fin de semana. Fronte ao OAR coruñés o Venres, á SAR de Redondela o Sábado e ao Rasoeiro do Grove o Domingo, os cullerdenses asinaron de principio a fin un Play-Off incontestable con amplos resultados de 41-17, 34-17 e 42-18 respectivamente. Con innumerables rotacións, con ampla participación de xogadores e cunha defensa raiando a gran altura, o conxunto de Culleredo liquidou unha fase sen apuros que os coloca na liga Ouro por méritos propios e outórgalles, un ano máis, o poder competir polos obxectivos máis ambiciosos da categoría. Durante a fin de semana, estiveron convocados os seguintes xogadores:
Maco González (P), Hugo Díaz (P), Alejo Martínez, Samuel Seijas, Adrián Veira, Jairo Míguez, Aarón Blanco, Iván Sánchez, Hugo Rodríguez, Roi Fdez, Jorge Outón, Atalo Bello, Nico Casal, Antón Pérez, Bruno Pardo e José Miguel Martínez.
