Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO, SUMA A PRIMEIRA VITORIA ANTE A SÚA AFECCIÓN.

(SM) BM Culleredo - Sermarther Ciudad de Tacoronte (youtube.com)

O BM.Culleredo está a asinar un inicio de liga brillante e que dá pé á ilusión dos seus seguidores. Os cullerdenses, que o pasado sábado selaron a súa segunda vitoria, suman xa catro puntos en tres xornadas e sitúanse nunha folgada sétima praza na táboa clasificatoria. Ben é certo que a competición ligueira acaba de comezar, pero as sensacións que dá o equipo están a ser moi positivas, cun carácter competitivo e unha intensidade encomiables. No partido desta xornada e ante o conxunto tinerfeño de Tacoronte, os cullerdenses saltarón ao 40x20 de Tarrío coa predisposición de que os dous puntos quedásense na casa e xa no minuto dez, dominaban cunha cómoda vantaxe de cinco goles (7-2). Pertrechados nunha defensa 6:0 inexpugnable e secundados por Jorge en portería, as primeiras vantaxes daban máis confianza se cabe ás ilusións dos de Culleredo, que co paso dos minutos afianzábanse na crenza do seu xogo. Un parcial de 5-2 no último tramo do primeiro acto, ampliaba a diferenza a uns sete goles e levaba polo aire ao conxunto de Culleredo ao termo dos primeiros trinta minutos (18-11). No segundo acto, os tinerfeños irían aos poucos reducindo as distancias, apoiados na súa maior experiencia e veteranía. As dúbidas incrementábanse nos últimos cinco minutos para os locais, que sufrían o peor momento do encontro (29-27), pero o brazo de Alex desatascando no posicional e as definitivas accións na retagarda, liquidarían o mal grolo momentáneo e impulsarían de novo aos cullerdenses a unha vitoria por unha zumarenta diferenza de seis goles (33-27).

BM.Culleredo: 33 (18+15). Jorge López (P), Oscar Bello (P) (1), Lucas Sánchez (2), Manuel López (2), Alejandro Gómez (6), Marcos Regueiro (1), Dani González (6), Pedro Pereira (3), Iago Ferreiro (2), Iván Sánchez (1), Samuel Seijas (8), Nico Casal, Nuno Loxo (2), Mario Bento, Darío Pérez, Adrián Díaz.

Sermarther Ciudad De Tacoronte: 27 (11+16). Diego Hernández, Alby Regalado (10), Ángel Blas, Owen Fraind, Tarek Abdelkader, Alonso Correa (4), Markel Moreno (7), Pablo Pérez, Yusef Mohamed (2), Carlos Abián, José Antonio Rubio (3), Brahim Mohamed (1).

Parciais cada 5´: 3-1 / 7-2 / 9-4 / 10-6 / 13-9 / 18-11 / Descanso / 18-12 / 22-17 / 25-22 / 27-24 / 29-27 / 33-27 / Final. 

Colexiados: MarcosPérez e Pablo Torreiro.

Incidencias: Terceira xornada da temporada 2024/25 na 1ª nacional (Grupo A) . Partido disputado no municipal de Tarrío con boa afluencia público.

Fotos do encontro:

https://photos.app.goo.gl/hnzciKyaRLYmTjuG9

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *