Saltar ao contido

PRIMEIRO E IMPORTANTE TRIUNFO DO BM.CULLEREDO EN 1ª NACIONAL

O BM.Culleredo regresou onte de Gran Canaria con dous importantes puntos debaixo do brazo, tendo en conta que o seu rival do Sábado, o Juventud Las Palmas, parte como rival directo dos cullerdeses na loita por eludir os postos baixos da clasificación. O encontro foi sufrido para os intereses do conxunto de Culleredo, que chegou xusto para a hora do partido directo desde o aeroporto canario. Nesta circunstancia, os visitantes entraron fríos ao partido, desubicados e evidenciaron, en todo o primeiro tempo, unha falta de ritmo notable e un cúmulo de erros impropios en base ao que vén demostrando o equipo. O conxunto canario non o estaba a facer moito mellor e por iso é polo que o marcador se mantivese axustado nun xogo irregular e pouco atractivo para o espectador. Ao longo dos trinta primeiros minutos, as alternancias serían constantes, aínda que os locais golpearían finalmente para retirarse aos vestiarios no tempo de descanso dominando pola mínima diferenza (11-10). No segundo acto, o BM.Culleredo sairía con algo máis de ritmo, especialmente minimizando erros, que nun número moi alto de doce perdas, lastraran ao equipo no primeiro tempo. Este feito, unido ao traballo no 5:1 defensivo, daba as primeiras rendas importantes aos cullerdenses, que aos dez minutos da continuación, distanciábanse cunha esperanzadora diferenza de catro goles (12-16). A pesar dos intentos de reacción e remando contra o tempo, o Juventud Las Palmas xa non conseguiría reducir a distancia. O BM.Culleredo, mantería e aumentaría os algarismos a pesar de realizar un partido espeso e irregular. Os dous puntos antollábanse vitais aínda que o xogo no día de hoxe non fose brillante e é por iso que co asubío final, a parroquia cullerdense respiraba tranquila e satisfeita polo obxectivo cumprido. Un sopro de aire de aire fresco para afrontar o próximo envite en casa ante o "Sermarther" Ciudad De Tacoronte con enorme motivación.

Juventud Las Palmas: 27 (11+16). José Grigore, Jorge Hernández, Josimar Martín (3), Edgar León Vásquez (1), Rubén De León (1), Alejandro Ortega, Robin Navarro (6), Joel Navarro, Juan Jesús Umpierrez, Rubén Rodríguez (7), Alejandro Padrón (2), Carmelo Cabrera (1), Alby Manuel Rosales(6).

BM.Culleredo: 32 (10+22). Jorge López (P), Oscar Bello (P) (1), Lucas Sánchez, Manuel López (4), Nico Pérez, Alex Gómez (6), Dani González (5), Pedro Pereira (7), Iago Ferreiro (3), Nuno Loxo (2), Mario Bento, Darío Pérez (4).

Parciais cada 5´: 3-1 / 4-3 / 6-6 / 7-9 / 8-9 / 11-10 / Descanso / 12-12 / 12-16 / 17-21 / 20-24 / 24-29 / 27-32 / Final. 

Colexiados: Manuel Romero e Carlos Ruiz.

Incidencias: 2ª xornada na liga de 1ª nacional 2024-25 (Grupo A). Encontro disputado no pavillón Felix Santana de Gran Canaria ante un centenar de siareiros.

Fotos Do encontro:

https://photos.app.goo.gl/wEkkny6ixKMHB5r7A

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *