
(SM) BM Culleredo - Attica 21 Hotels OAR Coruña (youtube.com)
O BM.Culleredo, comezaba o pasado sábado a súa andaina na primeira nacional nesta tempada 2024/25 e facíao nun derbi e ante o favorito ao título, o Attica 21 OAR Coruña . Os coruñeses, que este ano renovaron o seu plantel con ata unha ducia de fichaxes, incluído o seu adestrador, conforman un conxunto de xogadores profesionais ou semiprofesionais, que marcan o ascenso de categoría como obxectivo final. A pesar das diferenzas que se podían intuír antes do inicio, os cullerdenses, cunha plantilla repleta de xogadores insultantemente xovenes e totalmente amateurs, foron capaces de referendar as boas sensacións da pretemporada e competiron de ti a ti co gran conxunto herculino. corenta minutos necesitaron os visitantes para romper o encontro que ata entón moveuse en diferenzas de entre 2 e catro goles (13-17 ao descanso). Os de Culleredo, a falta de dezaseis minutos para a conclusión e co marcador 18-22, viron que debían de cambiar algo se querían ir a polo partido, xa que as diferencias non se reducían e os visitantes dominaban o ritmo que máis lles interesaba. Ata o momento, o esforzo fora produtivo para non permitir que o OAR se afastáse definitivamente no marcador, pero era evidente que o envite agonizaba e debíase de arriscar algo máis para poder optar a unha ilusión, a de sacar algún punto. Foi entón cando na parcela defensiva a profundidade do avanzado acentuábase, traballando en 5:1 ou 5+1 en base á posición do central rival e en ataque, decidíase por atacar cun 7x6 para conseguir achegarse ata a mínima expresión. O plan non producíu efecto e, así como a retagarda continuaba funcionando con boa nota, no posicional, os cullerdenses non souberon aproveitar a vantaxe numérica, precipitándose en exceso e tomando decisións erróneas. Os herculinos aproveitarían entón as perdas de balón no ataque local e finiquitarían definitivamente o encontro nos últimos quince minutos.
BM.Culleredo: 26 (13+13). Jorge López (P), Oscar Bello (P) (1), Lucas Sánchez, Manuel López, Nico Pérez, Marcos Regueiro, Dani González (1), Pedro Pereira (2), Iago Ferreiro (7), Iván Sánchez (1), Samuel Seijas (6), Nico Casal (1), Nuno Loxo (3), Mario Bento, Darío Pérez (1), Adrián Díaz (3).
Attica 21 OAR Coruña: 36 (17+19). David Arnedo, Iago Gómez, Diogo G. (5), Pablo Jesús Moral (2), Pablo Martínez (5), José Mora (10), Marley Wallace (3), Beltrán Fco (1), Juan Pereira (2), Joel Rábade, Kevin Dacosta, Juan Carlos Rodríguez (2), Diego Martínez (2), Diogo André Teixeira (2), Luis María De Goya (2), Israel Marín.
Parciais cada 5´: 2-3 / 4-5 / 7-9 / 9-11 / 10-13 / 13-17 / Descanso / 15-18 / 18-21 / 19-25 / 20-29 / 23-33 / 26-36 / Final.
Colexiados: Jonathan Hinojosa e Gabriel Folgoso.
Incidencias: Encontro inicial da temporada 2024/25 na 1ª nacional (Grupo A) . Partido disputado no municipal de Tarrío con afluencia de siareiros de ambos os conxuntos.
Fotos do encontro:
