
(XM) Culleredo Remax Riazor - Clínica Veterinaria Estación BM Tui (youtube.com)
A pesar de non expoñer o seu 100%, o BM.Culleredo Remax Riazor mostrou unha versión que resultou suficiente para impoñerse ao conxunto Clínica Veterinaria Estación BM.Tui. Os cullerdenses mostráronse superiores en todas as fases do xogo e conseguiron o liderado do grupo B da fase de clasificación e, con iso, o ser cabeza de serie nos próximos Play-Off da categoría. O equipo de Culleredo comezou o encontro elevando unha muralla diante da portería defendida por Marco e a falta de cinco minutos para o final do primeiro acto, vencía por un contundente 10-2. A pesar da gran diferenza, o equipo mostrábase excesivamente relaxado, especialmente no posicional e nas situacións de transición. Desta forma o BM.Culleredo Remax Riazor, deixaba escapar a oportunidade de sentenciar virtualmente o encontro ao final dos trinta minutos e, por contra, facilitaba o achegamento dun BM.Tui sempre combativo que se retiraba no tempo de descanso cedendo por 12-7. No segundo acto, o partido do equipo cullerdense continuaría nunha liña similar, aínda que a pesar diso, conseguirían aumentar a súa diferenza ata os nove goles a falta de dez minutos para o termo do envite. Co partido xa decidido e os dous puntos en casa, o equipo deixaríase ir por inercia ata ese 26-20 final.
BM.Culleredo Remax Riazor: 26 (12+14). Hugo Díaz (P), Marco González (P), Xoán Canedo ,Aarón Blanco, Alejo Martínez, Nicolás Casal, Atalo Bello, Bruno Pardo, Josemi Martínez, Samuel Seijas, Iván Sánchez, Jorge Outón, Antón Pérez, Roi Fdez, Adrián Veira, Anxo Negreira.
Clínica Veterinaria Estación BM.Tui: 20 (7+13). Izán Pérez, Marcos Framiñán, Rubén Gómez, Saul Rodríguez, Roque Estévez, Rodrigo Domíngues, Arón Prada, Darío Vila, Sergio Rodríguez, Lucas Esteves, Fabio Mazzurco, Andrés Fdez, Cristian Framil, Iago Cal.
Parciais cada 5´: 4-1 / 6-1 / 8-1 / 9-2 / 10-2 / 12-7 / Descanso / 15-10 / 17-10 / 20-12 / 22-13 / 24-17 / 26-20 / Final.
Colexiados: Pablo Barreiro e Renzo Martín.
Incidencias: Encontro correspondente á derradeira xornada no grupo B da Fase De Clasificación disputado no municipal de Tarrío. Boa afluencia de público con presencia nas bancadas de moitos siareiros de ambos os conxuntos.
Fotos do encontro:
