Saltar ao contido

Previa da xornada

Xornada curtiña pero intensa, con 2 partidos en Tarrío que significan o fin desta 1ª fase de clasificación para os xuvenís e o inicio da competición en Primeira Nacional para o equipo senior.

BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS CLÍNICA VETERINARIA ESTACIÓN BM TUI

Os rapaces xuvenís do BM.Culleredo Remax Riazor, abrirán a  xornada de este fin de semana o Sábado pola tarde no municipal de Tarrío. promete ser unha tarde apaixoante e festiva para os amantes do balonmán, xa que se ás 17:00h o conxunto xuvenil recibe ao BM.Tui no que será unha final para conseguir ser cabeza de serie nos próximos Play-Off, ás 19:30h, dáse o pistoletazo de saída á primeira nacional cun derbi ao grande entre o BM.Culleredo e o Attica 21 Hotels OAR Coruña. O Remax Riazor, polo tanto, desexa referendar a súa excelente fase de clasificación e impoñerse aos tudenses para adxudicarse a primeira posición do grupo e ese obxectivo que os levará a ser cabezas de serie nos próximos Play-Off. Manter o bo ton defensivo e a velocidade no xogo, parecen dúas armas importantes que os cullerdenses terán que por de manifesto para impoñerse neste transcendental encontro.

BALONMÁN CULLEREDO VS ATTICA 21 HOTELS OAR CORUÑA

O BM.Culleredo de 1ª nacional, inicia o curso balonmanístico esta fin de semana e vaino facer ao grande, nun derbi contra o todo poderoso OAR, que vén de reforzarse cunha decena de xogadores foráneos para tentar dar o salto á categoría de prata do balonmán español. Cunha marcada aposta pola base e unha media de idade insultante, o conxunto de Culleredo tentará saír cunha intensidade notable para competir e examinarse nun contexto festivo que sempre trae implícito un derbi.  Neste marco e ante o gran favorito neste grupo de 1ª nacional, Os rapaces cullerdenses desexan ser descarados e valentes ante o potencial dun conxunto cun gran número de xogadores profesionais ou semiprofesionales nas súas filas. O encontro dará comezo o Sábado ás 19:30h no municipal de Tarrío.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *