Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO TERMINA A SÚA PRETEMPORADA CON BOAS SENSACIÓNS E SE PREPARA PARA O INICIO DE LIGA

O BM.Culleredo, disputou este Sábado o último encontro amigable da tempada. O desprazamento a Vigo para enfrontarse ao Granitos Ibéricos Carballal, resultou un test interesante para sacar conclusións a unha semana do inicio de liga e, a pesar da derrota final, deixou boas sensacións para o que vén. Os inicios, en cambio, non foron nada esperanzadores, especialmente no posicional, onde os cullerdenses, faltos de ritmo e pouco precisos cedían por un 6-1 nos primeiros instantes (Minuto dez). Unhas dificultades que obrigarían o técnico visitante a solicitar o seu primeiro tempo morto para apostilar certas ideas na parcela atacante. Aínda que a mellora non sería inmediata, sí conseguiría o BM.Culleredo ofrecer un maior sentido na súa proposta e, co paso dos minutos, elevar as súas prestacións para recuperar varios balóns grazas ao bo facer da retagarda. Isto, unido á mellora no ataque de forma progresiva, posibilitaba concretar a remontada para poñerse por diante (8-9) e terminar por dominar ao descanso (10-12) nun afán de superación e mellora notable. Os locais non se ían a render facilmente e ao pouco da continuación xa conseguiran darlle a volta ao marcador e poñerse de novo por diante cunha vantaxe perigosa (16-13). O conxunto de Culleredo conseguiría frear a diferenza, mesmo reducila a mínima expresión (23-22), pero xa non sería capaz de volver a poñerse por diante. O seu rival xogaba co tempo a favor e soubo levar o ritmo de partido que máis lle interesaba neses instantes finais para levarse o triunfo final por un axustado 26-23.

Granitos Ibéricos Carballal: 26 (10+16). Juan José Novás, Samuel Rodríguez (1), Diego Rodríguez (2), Ángel Rodríguez (1), Diego García, Alejandro López (1), Eduardo Alonso (4), Gabriel Mesa, Iván Soage (6), Rodrigo Mouco (1), Jorge Navarro (1), Samuel Barciela (4), Xoel Malfaz, Guillermo Rial (4), Gonzalo Arenas, Alex Figueroa (1).

BM.Culleredo: 23 (12+11). Jorge López (P), Oscar Bello (P), Lucas Sánchez, Manuel López (1), Nico Pérez (1), Marcos Regueiro (2), Dani González (2), Pedro Pereira (3), Iago Ferreiro (8), Adrián Veira, Nico Casal (2), Nuno Loxo (2), Mario Bento, Darío Pérez (1), Adrián Díaz (1).

Parciais cada 5´: 1-1 / 6-1 / 7-2 / 8-5 / 9-9 / 10-12 / Descanso / 12-12 / 13-12 / 18-14 / 20-18 / 23-22 / 26-23 / Final. 

Colexiados: Carlos Manuel Alonso e Rubén Iglesias.

Incidencias: Encontro amigable disputado no municipal de Carballal con moi bo ambiente de balonmán e varios siareiros desprazados dende Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *