Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES, LOGRA O SEU OBXECTIVO E SERÁ CABEZA DE SERIE NOS PRÓXIMOS PLAY-OFF

O BM.Culleredo Despreocúpate.es, conseguíu este pasado Sábado superar o envite que o enfrontaba á SAR de Redondela e, polo tanto, terminar como líder do grupo C a fase de clasificación. Este primeiro obxectivo, levaba implícito outro obxectivo maior, que non é outro que o de lograr o billete para ser cabeza de serie no sorteo dos próximos Play-Off. O comezo do partido non foi todo o bo que o conxunto de Culleredo podería desexar e é que a defensa 5:1, deixaba demasiados espazos ao ataque redondelano e sufría nos 1x1 da poderosa primeira liña visitante. Aos dez minutos de partido e coa mínima diferenza para o conxunto de Culleredo (6-5), o cambio defensivo a 6:0 daría un resultado brillante. A maior densidade defensiva e o alto ritmo de pernas, provocaban agora serias dúbidas aos xogadores da SAR. A cadea de axudas funcionaba ante os 1x1 e as dúbidas anteriores transformábanse en erros ou interceptacións que o BM.Culleredo Despreocúpate.es aproveitaría para abrir unha brecha contundente en rápidos contragolpes cando se chegaba ao tempo de descanso (28-10). A segunda parte transcorrería sen maior sorpresa, dada a diferenza de dezaoito goles que finiquitaba o envite de forma virtual. Os cullerdenses baixarían a concentración e aínda que isto supuxo que o seu rival dobrase marcador no segundo acto, a distancia no electrónico seguiría ampliándose ata ese 58-30 final que dá a clasificación como cabeza de serie ao BM.Culleredo Despreocúpate.es.

BM.Culleredo Despreocúpate.es: 58 (28+30). Hugo García (P), Jorge Amor (P), Xoán Canedo, Jairo Candamio, Lucas Faraldo, Hugo Bermúdez, Alexis Martínez, Adrián Aneiros, Xoán Seoane, Iván Gantes, Alejandro Soto, Teo Gómez, Hugo Bregua, Mauro Fdez.

SAR Nosatún: 30 (10+20). Martín Barrio, Raúl Martínez, Anxo Figueroa, Martín Iglesias, José Ramón González, Lucas García, Daniel Rafael Santos, Enzo Amoedo, José Luis Amoedo, Samuel Álvarez, Iker Grandal, Pablo González, Iago Vilas, Kevin Bon.

Colexiados: Pablo Torreiro e Jorge Sánchez.

Incidencias: Encontro correspondente á terceira e última xornada no grupo C da Fase De Clasificación, disputado no pavillón de Almeiras con boa presencia de afeccionados de ambos os conxuntos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *