Saltar ao contido

Previa da xornada

Fin de semana pragada de partidos para os nosos equipos que afrontan duros encontros, sobre todo na sección feminina, donde as nosas terán rivais moi duros. Non te perdas estos partidos e ven animar aos nosos a Almeiras!

(IF) UPI INFORMÁTICA LALÍN VS BM CULLEREDO SUTENOR

As nosas miniguerreiras xogan o derradeiro partido da fase previa de clasificación esta fin de semana en Lalín. O equipo vencedor terá unha clara opción de ser cabeza de serie de cara os play off de ascenso á liga Ouro.

Para iso as culleredenses levan todo o mes traballando moi duro para poder conseguir ese obxetivo.

A priori pódese dicir que será un encontró moi igualado o Lalín ten moita tradición e sabemos que sempre son equipos competitivos onde poden facer moito dano a defensa culleredense.

Pero isto en un xogo e todo pode pasar, unha das craves do encontró será a concentración e intensidade defensiva.

Moita sorte e por todas!

(IM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS OAR CORUÑA 1952

O Bm Culleredo Óptica Gallaecia afronta esta xornada a derradeira xornada desta primeira Fase de Clasificación fronte aos veciños do OAR. Tras acadar 2 vitorias nos 2 primeiros encontros, buscarán os nosos Guerreiros rematar esta fase con pleno de vitorias antes do Play Off. Fronte a eles terán que afrontalo reto de atacar a defensa pechada 6:0 que propón o equipo coruñés, sen dúbida un reto interesante e moi importante de cara a chegar o máis preparados posibles ao Play Off que da acceso a Liga Ouro.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS BM CHAPELA

As cadetes do Fisioterapia Benestar teñen un test de alto nivel nesta fase previa, o rival o Balonmán Chapela, un equipo moi difícil de superar, xa que teñen xogadoras de primeiro nivel e unha defensa moi cerrada que apenas provoca espazos libres para poder encontrar situación eficaces de gol.

As nosas queren repetir o éxito da tempada pasada e volver a gañar a este equipo, para iso teñe que repetirse o patróns de xogo que estarán basados na actitude e intensidade defensiva para poder obstaculizar o máximo posible o ataque do Chapela .

Espérase un gran encontró onde o balonmán ten que ser o máximo protagonista. 

(CM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS SAR NOSATUN

Os nosos rapaces cadetes do BM.Culleredo Despreocúpate.es, pecharán a fase de clasificación este próximo Sábado ante a SAR de Redondela. Os cullerdenses están a un paso de conseguir o liderado do grupo de forma definitiva e, con iso, ser cabezas de serie no próximo Play-Off da categoría. Pero para iso, deberán de vencer ao conxunto redondelano, un equipo que tamén conta os seus dous encontros por vitorias e que accederá como cabeza de serie no caso de derrotar ao BM.Culleredo Despreocúpate.es. Os xogadores de Culleredo esperan facer de Almeiras un fortín e poder saír vitoriosos deste encontro. Para iso, o equipo deberá de mellorar as súas prestacións defensivas e o xogo colectivo en ataque ante un rival que a recado poñerá as cousas moi difíciles. O encontró se disputará no polideportivo de Almeiras as 11:45.

GRANITOS IBÉRICOS CARBALLAL VS BALONMÁN CULLEREDO

Último partido de preparación o que este próximo Sábado disputará o BM.Culleredo a domicilio. O conxunto senior do club BM.Culleredo, viaxa a Carballal para seguir coa sua preparación a pouco máis dunha semana do inicio da primeira nacional. Os cullerdenses, teñen como obxectivo seguir cohesionando e asentando o seu modelo de xogo pasando este último exame ante un equipo asentado na categoría e que se reforzou fantásticamente ben este verán. O encontró disputarase as 18:00h no municipal de Carballal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *