Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO REMAX RIAZOR, VENCE CON AUTORIDADE EN CANGAS E DISPUTARÁ A PRIMEIRA PRAZA DO GRUPO NA ÚLTIMA XORNADA

FASE CLASIFICACIÓN XUVENIL MASCULINO BUENAS MIGAS LUCEROS-BM CULLEREDO (youtube.com)

O BM.Culleredo Remax Riazor, afrontaba este Domingo a primeira saída da tempada. O desprazamento a Cangas Do Morrazo, antollábase moi importante na procura dese obxectivo por terminar líderes de grupo e, polo tanto, conseguir ser cabezas de serie no próximo Play-Off da categoría. Prevíase un partido con certa incerteza despois das fichaxes foráneas do conxunto locatario e por todo iso os cullerdenses deberían de afrontar o envite con máxima seriedade e esixencia. Xa desde o inicio, púidose ver que os xogadores de Culleredo recolleran perfectamente a mensaxe e, cunha posta en escena sobresainte, establecían un primeiro parcial de 1-4 cando apenas chegabamos ao minuto 5. A superioridade era manifesta en todas as fases do xogo e a defensiva, desarbolaba especialmente a paciencia dos locais por atacar a portería rival. Un 3-11 no minuto quince, falaba de forma excelente das prestacións que os cullerdenses estaban a ofrecer na súa retagarda e o 6-18 que reflectía o electrónico cando se chegaba ao tempo de descanso, deixaba o partido virtualmente visto para sentenza. Os xogadores do BM.Culleredo Remax Riazor, entraron no segundo acto coa seriedade que lles caracteriza e que levaba implícito como obxectivo non dar lugar a posibles sorpresas. O domino no xogo foi total, controlando os tempos e o ritmo en todo momento ante un rival encomiable no esforzo, pero que tamén se diluía ante a fatiga co paso dos minutos. A vitoria, por tanto, deixa en cernes unha final en Culleredo ante o BM.Tui, unha loita que se antolla apaixonante por conseguir lograr o primeiro posto da clasificación e, polo tanto, o premio de ser cabeza de serie no próximo Play-Off.

Buenas Migas Luceros: 16 (6+10). Uxío Vilariño, Asier Pereira, Dimitrije Doder, Gabriel Señoráns, William Thompson, Rodrigo Colinas, Daniel Guerrero, Jaime Serrano ,Hugo Bouso, Diego Rivas, Nicolás Graña, Xabier Cordeiro, Aitor Costas, Adrián Chapela, Christian Ferradás.

BM.Culleredo Remax Riazor: 33 (18+15). Hugo Díaz (P), Marco González (P), Xoán Canedo ,Aarón Blanco, Alejo Martínez, Nicolás Casal, Atalo Bello, Bruno Pardo, Josemi Martínez, Samuel Seijas, Iván Sánchez, Jorge Outón, Antón Pérez, Roi Fdez, Adrián Veira.

Parciais cada 5´: 1-4 / 3-6 / 3-11 / 4-14 / 6-15 / 6-18 / Descanso / 9-21 / 10-26 / 12-28 / 15-30 / 15-31 / 16-33 / Final. 

Colexiados: Andrea Martínez, Rubén Iglesias.

Incidencias: Encontro correspondente á primeira segunda no grupo B da Fase De Clasificación, disputado no pavillón de O Gatañal, en Cangas Do Morrazo. Boa afluencia de público con presencia nas bancadas de moitos afeccionados do Clube BM.Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *