
O BM.Culleredo Despreocúpate.es, viaxaba o pasado Domingo ao Grove para disputar a segunda xornada do seu grupo de fase de clasificación. Despois da vitoria dos cullerdenses na primeira xornada desta competición, o encontro desta fin de semana era especialmente importante para achandar o camiño cara a ese obxectivo, que non é outro que o de conseguir ser primeiro de grupo e, polo tanto, partir como cabeza de serie nos sorteos para o próximo Play-Off. Os locais comezarían cunha forza e intensidade encomiables, a propósito que, despois da derrota da primeira xornada en Redondela, este enfrontamento éralles vital para seguir coas súas aspiracións intactas. O BM.Culleredo Despreocúpate.es, non terminaba por axustar os conceptos da súa defensa 5:1 e víase sorprendido pola férrea vontade dos seus adversarios. Neste contexto, o partido debuxaba unha absoluta igualdade no electrónico alá polo paso do minuto dez (5-6) e non sería ata o meridiano do primeiro acto cando o conxunto cullerdense conseguiría abrir unha pequena diferenza de tres goles (7-10). Nestes últimos quince minutos, antes de chegar ao tempo de descanso, os xogadores de Culleredo aumentarían as súas prestacións, especialmente as defensivas onde, despois de provocar os erros do seu rival, dirixíanse cara á portería contraria en rápidas transicións que ampliaban a diferenza ata un 25-11 que deixaba o encontro virtualmente decidido ao termo dos primeiros trinta minutos.
Sen lugar a sorpresas na continuación, o partido transcorreu ante o domino e a superioridade do BM.Culleredo Despreocúpate.es en todas as fases do xogo e as diferenzas continuaron incrementándose co paso dos minutos a favor dos visitantes, que sumaban dous importantes puntos que lles poden dar esa primeira praza do grupo a condición de que se impoñan a semana próxima en Culleredo ao conxunto da SAR de Redondela, que tamén suma dous victorias en outros tantos enfrentamentos.
El Patio Rasoeiro BM: 21 (11+10). Roi Rey, José Carlos Caneda, Nasir Blanco, Breogán Torres, Iván Bea, Breogán Villanueva, Martiño Bea, Diego Moraña, Xurxo Conde, Tristán Díaz, Alexis Garrido.
BM.Culleredo Remax Riazor: 47 (25+22). Hugo García (P), Iago Bolaños (P), Xoán Canedo, Jairo Candamio, Lucas Faraldo, Hugo Bermúdez, Alexis Martínez, Adrián Aneiros, Xoán Seoane, Iván Gantes, Alejandro Soto, Hugo Bregua, Mauro Fdez.
Parciais cada 5´: 3-4 / 5-6 / 7-10 / 8-15 / 9-21-7 / 11-25 / Descanso / 12-28 / 15-34 / 17-37 / 20-40 / 21-44 / 21-47 / Final.
Colexiados: Joaquín Iñaki Oubiña.
Incidencias: Encontro correspondente á segunda xornada no grupo C da Fase De Clasificación, disputado no pavillón Monte Da Vila de O Grove con presencia de afeccionados de ambos os equipos que amosaron moi boa afluencia de público nas bancadas.
