Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO REMAX RIAZOR, LIQUIDA CON SUFICIENCIA O PRIMEIRO ENCONTRO DA FASE DE CLASIFICACIÓN

Este Sábado pasado, comezaba oficialmente a tempada 2024/25 para o equipo xuvenil BM.Culleredo Remax Riazor. O primeiro encontro deparaba un derbi entre os cullerdenses e o OAR Coruña 1952 no marco da fase de clasificación da categoría. Os cullerdenses, mostráronse moi superiores desde o inicio en todas as facetas do xogo e, aínda sen empregarse a fondo e gardando efectivos, liquidarían o primeiro envite desta campaña con suficiencia. A vantaxe xa era de seis goles cando se chegaba ao meridiano do primeiro acto, vantaxe que se ampliaría ata unha diferenza de dez ao termo dos primeiros trinta minutos (19-9). Os oaristas estaban a presentar grandes problemas para superar á férrea defensa local e estes finiquitaban virtualmente con rápidas e letais transicións. Con todo visto para sentenza, o segundo tempo resultou insulso e con pouco ritmo. O BM.Culleredo Remax Riazor, conseguiría aumentar paulatinamente a súa vantaxe e selar os primeiros dous puntos grazas á participación dos catorce xogadores convocados.

BM.Culleredo Remax Riazor: 35 (19+16). Hugo Díaz (P), Marco González (P), Xoán Canedo ,Aarón Blanco, Alejo Martínez, Nicolás Casal, Atalo Bello, Bruno Pardo, Josemi Martínez, Samuel Seijas, Iván Sánchez, Jorge Outón, Antón Pérez, Roi Fdez.

OAR Ciudad 1952: 21 (9+12). Leo Cousillas, Rodrigo Serantes, Hugo Bello, Isaac García, Carlos Ortiz, Diego Franqueira, Ángel Ortiz, Leo Fagot, Roi Tarrío, Agustín Marco Zardini, Matías Castro, Javier Corredoira, Sergio Prada.

Parciais cada 5´: 3-2 / 7-3 / 10-4 / 13-6 / 15-7 / 19-9 / Descanso / 23-11 / 26-15 / 29-18 / 31-19 / 34-21 / 35-21 / Final. 

Colexiados: Martina Regueiro.

Incidencias: Encontro correspondente á primeira xornada no grupo B da Fase De Clasificación, disputado no municipal de Tarrío con presencia de afeccionados de ambos os equipos que encheron as bancadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *