Saltar ao contido

OS ATAQUES SUPERAN AS DEFENSAS NO PECHE DE TEMPADA ENTRE O BM.CULLEREDO GALAICO CARAVANING E O BM.LÍNEA 21

O BM.Culleredo Galaico Caravaning e o BM.Línea 21 Reformas Coruña S.L 2021, puxeron o broche final á tempada 2023/24 onte Sábado no pavillón de Tarrío. Foi un encontro con escasa tensión competitiva, onde se notou a diferenza de competición entre liga e Copa Federación e as alturas da tempada na que nos atopamos. Neste contexto, os ataques mostráronse sempre moi superiores a unhas defensa febles, con moi pouca contundencia e intensidade. Desde o inicio, cada ataque resolvíase cun lanzamento a portería e en poucas ocasións estes non terminaban en gol. O BM.Culleredo Galaico Caravaning dominaba o electrónico con certa comodidade, diferenzas que oscilaban entre os dous e cinco goles, aínda que o ataque tampouco estaba a ser fluído, dependendo máis de aspectos e accións individuais que colectivas. Chegábase ao descanso e o marcador, que reflectía un 22-19, evidenciaba a falta de éxito en ambas as retagardas.
O encontro moveríase por uns camiños similares na continuación, ninguén se impoñía na fase defensiva e esto outorgaba unha fraxilidade enorme aos equipos e unha gran incerteza para intuír quen podía saír gañador. O equipo de Mesoiro, continuaría mostrando unha liña regular no ataque e un acerto similar ao que conseguira no primeiro tempo. Foi en cambio, o conxunto cullerdense, o que se vería sumido, co paso dos minutos, nunha suma de erros que reducirían a súa achega ofensiva, co que, unido ao déficit na parcela defensiva, traduciríase nunha combinación fatal que aproveitarían os visitantes para poñerse por diante e terminar por levarse os dous puntos en xogo.

BM Culleredo Galaico Caravaning: 38 (22+16). Hugo Nodar (P), Jorge Amor (P), Hugo Bregua, Iván Gantes, Pablo Ares, Hugo Bermúdez, Adrián Aneiros, Jairo Candamio Víctor Laya, Mateo Negreira, Diego Rodríguez, Teo Gómez, Martín Casal.

BM.Línea 21 Reformas Coruña S.L 2021: 41 (19+22). Adrián Veiga, Mateo Curto, Diego Franqueira, Víctor Pérez, Mateo Couce, Miguel Montesino, Hugo Bello, Brais Garrido, Miguel Álvarez, Gabriel Domínguez, Isaac García, Iago Muiño, Javier Lois, Alejandro Vilariño, Manuel Caamaño, Xurxo Ferreiro.

Parciais cada 5´: 5-3 /9-7 /11-9 /15-10 /19-15 / 22-19 / Descanso / 25-23 /26-27 /32-36 /34-38 /36-39/ 38-41 / Final.

Colexiados: Jorge Sánchez e Uxía Mariño.

Incidencias: Derradeira xornada da competición de Copa Federación cadete masculina (Grupo 2 Norte) , disputada no pavillón municipal de Tarrío ante representación de siareiros de ambos os equipos.

Fotos do encontro:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *