Saltar ao contido

EMPATE CON ALTIBAIXOS PARA FINALIZAR UN GRAN ANO DO SUTENOR

Gran partido o vivido onte en Almeiras ainda que con moitos altibaixos por parte dos dous equipos.

Na primeira metade claramente para o equipo visitante que é o que puso a intensidade e as gañas, superando a defensa cullerdense en todo o momento, os 1x1 na zona lateral estaban a crear problemas , e a circulación de balón estaba a ser unha pesadilla para a defensa do Sutenor.Mentres na fase ofensiva o Sutenor non estaba atinado, o ataque cerraba a defensa e non via os espacios libres para poder atacala, e cando aparecían situacións de gol o balón era errado. A falta de intensidade e o cariño a hora de cuidar o balón non estaban presentes, isto daba o equipo visitante demasiada ventaxa no marcador de cara a segunda metade.

Resultado o descanso: Bm Culleredo Sutenor 8- Bm Chapela 17.

Moita diferencia para comezar a segunda metade, o partido estaba perdido, xogar este tipo de partidos , encontrarse con este marcador o descanso ante as subcampionas galegas era unha sitaución moi difícil de xogar..... Pero..... o Sutenor cambiou a intesidade a nivel defensivo , isto foi unha das primeiras craves, a solidaridade e máximos esforzo nos desprazamentos defensivos e as gañas de interceptar o balón comezaron a aparecer , isto deu folgos sobretodo para a fase ofensiva onde a disciplina e o plan do encontro seguían sendo os mesmos. A defensa 6:0 do equipo de Redondela estaba a ser superada polo ataque do Sutenor , e a sintonía e as sensacións pouco a pouco comezaban a cambiar de lado . O Sutenor conseguía un parcial de 2-6 e acercabase ao marcador para igualalo. Aínda asi quedaba moito e o subcampión non queria ver como o equipo cullerdense acercábase o marcador pero todo seguiu igual , arreón tras arreón as nosas coneguían poñerse a 1 ou 2 goles por debaixo ata que chegouse o último minuto onde as nosas puxeronse por diante e na derradeira acción a falta de 2 segundos o Chapela empataba ante un lanzamento moi dificil de efectuar que acabou sendo gol .

Empate no marcador onde cada equipo tivo éxito e cada parte . Reparto de puntos xusto en Almeiras ante dous grande equipo da categoría infantil femenino.

Resultado final : Bm Culleredo Sutenor 26- Bm Chapela 26.

BM Culleredo Sutenor (8+18)26: Sara Fernández, Thais Villaverde, Sara Villar, Helena Portas , Evan Outón , Alba Fernández, Noa Otón, María Otero, Claudia Soto, Sofía Meijide, Lola Romero, Rosalia Vázquez.

Bm Chapela(17+9)26:Aroa Fernández, Sabela Fernández, Noa Garrido, Antía Fernandez, Erika Sanchez, Lia Pintos, Sara Garcia, Daniela Garcia.

Árbitros: Paula Peteiro, María Astray.

Incidencias: 3 Xornada do grupo 1 Sur da Copa Federación disputado en Almeiras, Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *