Saltar ao contido

O CLIMANOSA DESPIDE A TEMPADA CON VICTORIA

O Climanosa xogaba o último partido do ano ante o Bm Narón na derradeira xornada da Copa Federacion grupo 3 Norte.

O encontro con igualdade no incio no marcador pero que pouco a pouco o Climanosa sobretodo dende a parcela defensiva ia tomando as rendas do encontro , a disposición defensiva sendo agresivo de cara a roubar o balón estaba a ser eficiente.

Na fase ofensiva sempre con disciplina e con velocidade o Climanosa tiña gran efectividade es conseguía ir despegandose do marcador pouco a pouco , pese a ter fallos de lanzamento o equipo estaba a conseguir boas accións de gol .

Resultado o descanso: Bm Culleredo Climanosa 16- Bm Narón 9

A segunda metade estivo calcada a primeira , a disciplina no xogo colectivo a nivel ofensivo estaba a dar rédito que o Climanosa estaba a superar a defensa 6:0 do equipo de Narón. E cando o equipo visitante abriase un pouco , aparecían os espacios libres que o equipo cullerdense aproveitaba para conquistar dito espacio para poder superar a defensa visitante.

A nivel defensivo pese a ter deficiencia en aspectos antropométrico o Climanosa estaba rápido de piernas e moi solidario para poder frear o ataque do Narón.

Moita diferencia no marcador nos minutos finais onde o Climanosa xogou o seu último partido do ano moi concentrado , iso deu pé as boas acción defensiva e ofensivas como puidemos ver o domingo en Almeiras.

Resultado final: Bm Culleredo Climanosa 32- Bm Narón 18.

Forza Culle.

BM Culleredo Climanosa (16+16)32: Xurxo Méndez, Iago Bolaños, Antón Méndez, Jacobo Soto, Guillermo Blanco, Samuel Costa, Roi Palmeiro, Hugo Jimenez, Beltran González,Aitor Fariña, Hugo Fariña.

Bm Narón(9+9)18: Alba Sanmartin, Anxo Ardao,Arturo Sebastian, Claudia Fernández, Eneko Iglesias, Ivan Cortina, Hugo Santos, Javier Rodriguez, Bruno Rivera, Emilia de Castro , Duarte Sabino.

Árbitros: Paula Peteiro y María Astray.

Incidencias: Terceira xornada da Copa Federación do grupo 3 Norte disputado en Almeiras, Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *