Saltar ao contido

VICTORIA PARA FINALIZAR O ANO

Último encontro para o Óptica Gallaecia que enfrontábase o sábado pola mañá ao Colegio Liceo La Paz. Un encontro onde os primeiros compases estaban marcados pola igualdade pero que pouco a pouco o equipo cullerdense foi collendo galóns . Primeiro a nivel defensivo. Estar sólidos na faceta defensiva e crave para poder competir o dominar un encontro , para iso o equipo foi a máis. e puido controlar o ataque liceista. As interceptacións comezaban a aparecer e con elas tamén os contrataques para poder aumentar a diferencia no marcador.

O Óptica Gallaecia na faceta ofensiva tiña que solventar a disposición 6:0 do equipo coruñés para iso a proposta continua do equipo cullerdense estaba a ter éxito , tanto de manera colectiva como individual pero sempre marcado un tendencia , a disciplina na fase ofensiva. Facer ben o fácil ten que estar sempre presente en calquera acción de xogo.

O descanso o resultado e de Bm Culleredo Óptica Gallaecia 26- Colegio Liceo La Paz 10.

Na segunda metade a tónica do encontro foi a mesma , é máis o equipo cullerdense aínda estivo máis atinado na fase defensiva , o que da pé a estar un pouco máis relaxado na faceta ofensiva , iso si, sempre con velocidade e intensidade no momento oportuno.

Apenas pérdidas de balón na fase defensiva , unha das craves para manter a distancia no marcador e unha das craves para ter seguridade no ataque , o balón fluía e o xogo colectivo estaba presente.

Bó encontro o Óptica Gallaecia que finaliza a tempada e esta Copa Federación como campión de Grupo . Norabo rapaces ¡

Resultado final : Bm Culleredo Óptica Gallaecia 43- Colegio Liceo La Paz 13.

Forza culle.

BM Culleredo Óptica Gallaecia (26+17)43:Fran Hermo,Hugo Nodar, Pablo Fraguela, Pablo Penelas, Pablo Hermida, Aarón Beade,Carlos Negreira, Mauro Fernández,Jacobo García,Nico González, Mario Prada.

Colegio Liceo la Paz(10+3)13: Alejandro Figueira, Alexandre Díaz, Antón García,Antonio Fontenla,Cesar Palleiro, Martin Balado, Martin Rodriguez,Marco Alvite, Manuel Miguez.

Árbitros: Paula Peteiro,María Astray.

Incidencias: Xornada 3 da Copa Federación grupo 4 Norte , disputado no pabillón municipal de Almeiras en Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *