Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO GALAICO CARAVANING, CEDE UN PUNTO NUN PARTIDO QUE TIÑA BAIXO CONTROL

Os múltiples erros e por conseguinte, as moitas oportunidades que os cullerdenses ofreceron aos coruñeses, terminaron por confirmar un empate nun encontro que o BM.Culleredo Nosolomadera dominaría durante cincuenta e oito minutos. No primeiro acto, a retagarda do BM.Culleredo Galaico Caravanig mostraría un alto grao de acerto e isto, axudaría ao equipo para emendar as moitas perdas de balón á vez que facilitaría a consecución de numerosos goles ao contragolpe. Os de Culleredo sempre dominarían o electrónico, aínda que non aproveitarían as múltiples opcións de poñer terra polo medio e irse ao descanso cunha maior renda (12-14). No segundo tempo, o BM.Culleredo Galaico Caravaning parecía decidido a solucionar os erros anteriores e así, conseguía marcar unha diferenza que chegaría a ser de seis goles. Con todo, a retagarda mostraba agora moitas máis lagoas e cada ataque do OAR era gol. As distancias entre xogadores facía imposibles as axudas e a eficiencia no 1x1 era inexistente. Entrábase entón nos últimos dez minutos e os de Culleredo dominaban por cinco goles (25-30), o encontro estaba na man e tocaba solicitar un tempo morto para chamar á calma e á orde, aumentar as prestacións defensivas e xogar longos ataques, buscando situacións francas de lanzamento. Na volta ao 40x20, o BM.Culleredo Galaico Caravaning entraría ao partido da peor forma posible. O descontrol faríase máis evidente, os erros multiplicaríanse e, lonxe de que os ataques fosen longos e pausados, as precipitacións condenarían aos cullerdenses a un final de infarto. En catro minutos, un parcial de 4-0 reduciría a diferenza á mínima expresión e saltarían todas as alarmas. Os últimos instantes foron caóticos, o OAR conseguía a única vantaxe do partido cando quedaba menos dun minuto para finalizar e unha última acción dos de Culleredo establecería as táboas no electrónico de forma agónica. A próxima semana, o BM.Culleredo Galaico Caravaning disputará o seu último partido oficial fronte ao BM.Línea 21 como local.

OAR Coruña 1952: 35 (12+23). Santiago Becerra, Sergio Rey,Nicolás Gamas, Carlos Ortíz,Nicolás Cid, Leo Fagot, Roi Tarrío, Isayas Pasandín, Matías Castro, Javier Corredoira, Antonio López.

BM.Culleredo Nosolomadera: 35 (14+21). Jorge Amor, Hugo Bregua, Alex Tajes, Adrián Aneiros, Alexis, Jairo Candamio, Víctor Laya, Pablo Ares, Teo Góimez, Hugo Bermúdez, Mateo Negreira, Diego Rodríguez.

Parciais cada 5´: 1-2 / 3-5 / 6-8 / 8-8 / 11-11 / 12-14 / DESCANSO / 13-17 / 18-23 / 22-27 / 26-30 / 30-32 / 35-35 / FINAL.

Colexiados: Pablo Torreiro.

Incidencias: Encontro aprazado no seu día e correspondente a segunda xornada da Copa Federación no Grupo 2 Norte. Partido Disputado no pavillón S.Francisco Javier da Coruña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *