Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO NOSOLOMADERA, CONSEGUE UNHA MERITORIA VICTORIA NA DIFÍCIL CANCHA DO GARAYSA XIRIA A

[INF. MASC.] GARAYSA XIRIA A vs BM CULLEREDO NOSOLOMADERA (youtube.com)

O BM.Culleredo Nosolomadera, disputaba onte Sábado o último encontro oficial da tempada 2023/24. No contexto da Copa Federación, os cullerdenses visitaban o pavillón do CEIP Fogar (Carballo) para enfrontarse ao Garaysa Xiria A. O conxunto de Culleredo comezou con moito ritmo, sacando bo rédito ás primeiras accións defensivas e despregando a velocidade nas transicións. Pronto lograría o equipo conseguir unhas cómodas rendas entre os catro e cinco goles que, co paso dos minutos, ampliaríanse a nove no que sería un control e dominio completo do Nosolomadera nestes primeiros trinta minutos. Ao descanso, o electrónico reflectía unha diferenza importante para os visitantes que habería que concretar coa mesma seriedade no segundo acto (14-21). A continuación tornouse moito máis espesa para os intereses dos cullerdenses, cunhas accións moito máis erráticas e unha retagarda menos segura, sufrindo continuos desaxustes defensivos e desequilibrios en accións de 1x1 ou de desmarques sen balón en zona central. Con todo, unha última reacción relanzaría de novo ao BM.Culleredo Nosolomadera para conseguir a vitoria por un marcador final de 33-39.

Garaysa Xiria A: 33 (14+19). Desale López, Iván Rey, Andrés Gómez, Rodrigo Rama, Lucas Radio, Gonzalo García, Sergio Pérez, Daniel Pan, Iker Lema, Quintín Insua, Hugo Rama, Brais Sánchez.

BM.Culleredo Nosolomadera: 39 (21+18). Sebastián Ponte (P), Mateo Basanta (P), Javier Orge, Iván Gantes, Alexis Martínez, Martín Casal, Carlos Negreira, Teo Gómez, Antón Rodríguez, Jacobo Soto, Isaac Lorenzo, Mauro Fdez.

Colexiados: Renzo Martín e Andrés Pedreira.

Incidencias: Derradeiro encontro desta tempada 2023/24 disputado no pavillón do CEIP Fogar de Carballo. Grupo 1 Norte dentro da competición da Copa Federación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *