Saltar ao contido

TRÍO DE ASES

Aprendeu o Culleredo nesta Copa Federación Grupo Norte 1 e foi á pista carballesa coa idea de mostrar o mellor, e fíxoo de marabilla.

A idea do Fisioterapia Benestar era presentarse na pista do Xiria Carballés e gozar, saír a gañar se era posible e esquecer co equipo que gañara ía ser o campión de Copa. Pero gozar significaba gañar, aínda que fose o último día. Fixérono con solvencia 22-31, sen sufrir, de 9 goles, esta fin de semana, ante outro equipo que seguía invicto nesta competición.

A defensa presionante dende o 6:0 das cullerdenses, con axudas e con moitas pernas, e cun traballo colectivo espléndido, todas contribuíndo, facendo asi máis cómodos os descansos, lanzou ao Culleredo, que no descanso, xa puxera a directa (10-14).

As carballesas limitáronse as súas xogadoras destacadas. Cando o conxunto local ameazaba cunha reacción final, as paradas da porteira visitante acabaron coas esperanzas de Carballo. Respondía todo o equipo cullerdense con contras e xogo rápido de todas as súas xogadoras convocadas, resolvendo con eficacia as defensas do carballo, que tornaba durante todo o encontro.

Deste xeito, o Culleredo convértese no equipo campión da Copa Federación do Grupo 1 Norte, facendo pleno de vitorias.

O Bm Culleredo Fisioterapia Benestar pecha así a súa tempada 23-24 cun rexistro de menos a máis, reforzando o crecemento e evolución do equipo ao longo da tempada.

GRUPO LEMACO XIRIA A 22 (10+12): Lucia Andrade Valin, Elena González Iglesias, Mencía Rodríguez Suarez, Sofía Rey Añon, Nerea Figueiras Castro, Lorena Ngnipa Nintedem, Fátima Varela Pena, Noa Caamaño Lema, Lucia Ngnipa Nintedem, Lucia Muiño Garcia, Sara Rial Romero

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 31 (14+17): Carla Muiño Cancela, Lucia Inés Cortegoso Rey, Aroa García Pena, Claudia Soto García, Paula Peteiro Vázquez, Lúa Fernández Núñez, Luana Gómez Fuentes, Antia Ferreño Fernández, Rosalía Veiga Vázquez, Valentina Martínez Fiuza, Irene Rodríguez Fernández, Sara Fraga Fraga, Nadia Martínez García, Carmela Erias Vázquez

Colexiados: André Pena Muiños e Martina Regueiro Insua. Excluiron a Elena González polo equipo local e a Lúa Fernández e Irene Rodríguez polo equipo visitante.

Incidencias: Partido pertencente a 2ª xornada da Copa Federación Grupo Norte 1 no Pavillón Vila de Noia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *