Saltar ao contido

Previa da xornada

A tempada vai chegando ao seu fin, pechando esta fin de semana a competición alevín coa disputa da Final Four en Redondela e tendo tamén as derradeiras xornadas da Copa Federación para a maioría das nosas categorías. Non te perdas os encontros da mañá do domingo en Almeiras que auguran igualdade e bo balonmán!

(ALEV) BM CULLEREDO ASCOR CONSULTING VS AREA PSICOLOGÍA LUCEROS

O Bm Culleredo Ascor Consulting afronta esta fin de semana a proba final e máis exisente da tempada, a Final Four de Ouro da categoría alevín mixto.

Tras a gran tempada que ven facendo todo o grupo, toca medilas forzas entre os 4 equipos máis fortes da nosa comunidade, unha experiencia donde máis alá dos resultados, será sen dúbida moi enriquecedora a nivel de aprendizaxes para os nosos, que continúan crecendo cada xornada!

(IF) BM CULLEREDO CRISTALERÍA GESTAL VS BM BRIGANTIUM NUNEGAL

BALONMÁN XALLAS FC VS BM CULLEREDO CRISTALERÍA GESTAL

As nosas infantís do Bm Culleredo Cristalería Gestal terán dobre xornada esta fin de semana. O sábado afrontarán o derbi coruñés ante o Brigantium, equipo que sempre nos pon as cousas moi difíciles e o domingo viaxarán a Santa Comba para enfrontarse ao Balonmán Xallas, pechando desa forma este ano a nivel competitivo.

(IF) BM CULLEREDO SUTENOR VS PINTURAS PROA BM CHAPELA

O Sutenor enfrontarase na derradeira xornada da Copa Federación ao Pinturas Proa Bm Chapela, o segundo clasificado da liga regular, no que será un encontro moi igualado e donde os pequenos detalles serán a crave e diferenza no encontro.

(IM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS BALONMÁN NARÓN

O último encontro da Copa Federación e o último encontro oficial do ano para un equipo que foi de menos a máis, un equipo que a medida que a competición avanzaba ía crecendo.

Gran esforzo e compromiso do Bm Culleredo Climanosa que terá o seu último examen da tempada ante o balonmán Narón.

(IM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS COLEGIO LICEO LA PAZ

Derradeiro encontro oficial para os infantís do Bm Culleredo Óptica Gallaecia, que terán que enfrontarse ao Colegio Liceo la Paz, un encontro no que os nosos amosarán todo o adquirido durante esta tempada e buscarán rematar cun bo sabor de boca neste último encontro de Copa Federación.

(IM) GARAYSA XIRIA “A” VS BM CULLEREDO NOSOLOMADERA

O Bm Culleredo Nosolomadera porá o broche final a esta tempada cun exisente desprazamento a Carballo, donde se medirá a un equipo moi forte a nivel defensivo e que obrigará aos nosos a dalo 100% se queren loitar pola vitoria. Sen dúbida unha boa forma de poñer punto e final a unha emocionante tempada.

(CF) GRUPO LEMACO XIRIA “A” VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

Esta fin de semana o Bm Culleredo Fisioterapia Benestar xoga o seu derradeiro encontro deste ano fronte o Bm Xiria , o sábado as 10:30 en Carballo.

Última xornada da Copa Federación, na que os dous equipos enfróntanse por primeira vez esta tempada, xa que estiveron en Ligas distintas.

O Culleredo quere pechar a tempada facendo un pleno de victorias nesta Copa e o Xiria, de seguro que porá toda a carne no asador para que iso non suceda e que o equipo visitante teña que sufrir por acadar os dous puntos.

(CM) OAR CORUÑA 1952 VS BM CULLEREDO GALAICO CARAVANING

O BmCulleredo Galaico Caravaning, disputará o vindeiro domingo o partido aprazado a semana pasada ante o OAR da Coruña. Este encontro, corresponde á xornada 2 do Grupo 2 Norte e está enmarcado dentro da competición da Copa Federación. O balance de vitorias nos dous enfrontamentos que tiveron ambos os equipos esta tempada, é de unha para cada un, así que os cullerdenses esperan poder inclinar a balanza ao seu favor nunha pista que xa foron capaces de "conquistar" no campionato ligueiro. O partido dará comezo ás 11:00h no polideportivo de San Francisco Javier.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *