Saltar ao contido

O FISIOTERAPIA BENESTAR CONQUISTA O DERBI DAS MARIÑAS

O Bm Culleredo Fisioterapia Benestar conseguiu a súa segunda vitoria na Copa Federación, que outorga a primeira posición na táboa clasificatoria, tras unha exhibición defensiva e case total acerto en ataque ante un Brigantium que aguantou os primeiros minutos para perder por un rotundo 42-21.

As coruñesas comezaron fortes e parecía que o Culleredo saíra demasiado confiado, pero un parcial de 4-1 para as locais, espertou as ganas de ir a polo partido e non complicarse a vida.

Un tempo morto no que as cousas se complicaron para o Brigatium, tivo un magnífico resultado para os intereses do Culleredo, xa que con outro parcial de 5-0, volveu facerse co control do partido que non abandonaría.

O Brigantium mantívose firme ata o final, atopando ocos nos fallos defensivos de opoñente directo do equipo local.

A defensa 5:1 permitiríalle o Culleredo sacar unha gran vantaxe no caso de que fallasen as forzas, pero a posta en escena foi tal, que as rotacións do banco incluso deron máis osíxeno ao equipo.

Gran partido no que puidemos ver melloras ofensivas co dobre pivote e melloras defensivas co 5:1, apenas aproveitado esta tempada.

Cun descanso de fin de semana polo medio, o Culleredo prepárase para o seu último encontro ante o Grupo Lemaco Xiria A, pechando así a tempada e a competición oficial.

BALONMÁN CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 42 (17+15): Carla Muiño Cancela, Lucia Ines Cortegoso Rey, Aroa García Pena, Paula Peteiro Vázquez ,Lúa Fernández Núñez , Luana Gómez Fuentes, Valentina Martinez Fiúza, Irene Rodríguez Fernández, Sara Fraga Fraga, Nadia Martinez Garcia, sara fernandez fresco, Claudia Soto Garcia, Rosalia Veiga Vazquez

BM BRIGANTIUM NUNEGAL 21 (7+13): Maria Rosalia Astray Vazquez, Aroa Cosme Vila, Silvia Martinez Gonzalez, Uxia Seoane Lage, Marta Castro Sanchez, Sara Castro Sanchez, Antia Cardenas Fernandez , Sofia Franco Prieto, Candela Maria Garcia Perez, Daniela Perez Baz

Parciais cada 5 min: 2-2/5-3/8-4/11-4/14-4/7-17 Descanso 21-10/25-13/30-16/34-16/38-17/42-21 Final

Colexiados: Pablo Torreiro Barros. Excluiu a Uxia Seoane Vazquez polo equipo visitante e a Lucia Cortegoso, Nadia Martinez e Carla Muiño polo equipo local.

Incidencias: Partido pertencente a 1ª xornada da copa federación grupo norte 1 no Pavillón Municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *