Saltar ao contido

ECOS DA FINAL FOUR CADETE

FINAL 4 EMBUTIDOS LALINENSE VS CULLEREDO REMAX RIAZOR (youtube.com)

3º e 4º POSTO FINAL 4 CLINICA VETERINARIA ESTACIÓN BALONMAN TUI VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR (youtube.com)

Esta pasada fin de semana disputaríase a Final Four da categoría cadete. Un evento que caería baixo a organización do BM.Tui e que, entre outros, tería como participante ao BM.Culleredo Remax Riazor despois da brillante traxectoria e clasificación nesta liga 2023-24.
O Sábado esperaba o potente subcampión da liga regular, o Embutidos Lalinense, que este ano xa fora capaz de derrotar en dúas ocasións aos cullerdenses. Os dezáns mostraríanse moi superiores na semifinal do Sábado ao equipo de Culleredo. Estes, moi pouco contundentes e faltos de intensidade, facilitaban o ataque posicional do BM.Lalín, que conseguían situacións francas con tan só tres ou catro pases. En ataque, a falta de xogo colectivo e por contra, o abuso do xogo individual, repercutía negativamente na escasa circulación e velocidade da pelota e no predicible que se mostraban os xogadores de Culleredo, moi inferiores en capacidades físicas ao seu rival. Todo iso sumaba un coctel moi negativo para o BM.Remax Riazor, que se vería agravado polos erros non forzados e posibilitaba que o Embutidos Lalinense se retirase a vestiarios no tempo de descanso cunha cómoda vantaxe de cinco goles (15-10). Na segunda parte, os mesmos erros do BM.Culleredo Remax Riazor serían recorrentes e dilapidarían todas as opcións de remontada ante un Embutidos Lalinense que se mostraría moi superior para vencer por 33-22 e clasificarse para a final.
O Domingo, na loita polo terceiro e cuarto posto ante Clínica Veterinaria Estación BM.Tui, o BM.Culleredo Remax Riazor comezaría mostrando unha mellor cara e aínda que os inicios foron titubeantes e erráticos para ambos os equipos, o factor defensivo, a actuación en portería e os erros dos tudenses, posibilitaban que o conxunto de Culleredo tomase vantaxe no electrónico desde os primeiros instantes. O cambio defensivo a 5:1 con Adrián de avanzado, potenciaría aínda máis a superioridade do BM.Culleredo Remax Riazor nesta faceta e con todo iso, os cullerdenses retiraríanse ao descanso dominando por dous goles (12-14). Na continuación, os de Culleredo escaparíanse ata os catro goles de vantaxe e gozarían de varias oportunidades para ampliala a cinco , pero os erros non forzados e os lanzamentos fallados 1x0, darían ao traste con esta posibilidade e, por contra, facilitarían que os locais se achegasen perigosamente. Foi entón cando o BM.Culleredo Remax Riazor volvería caer nos erros repetidos e á falta de axudas defensivas e os enormes espazos regalados, uníanse a suma dun erro tras outro en transición ou nun posicional en bucle. O equipo víase sumido no seu peor momento e o BM.Tui aproveitaríao para remontar no último tramo e sentenciar ao seu favor unha vitoria que lles outorga o terceiro posto en liza.

O BM.Culleredo Remax Riazor, estivo representado en Tui polos seguintes xogadores:

Hugo García e Hugo Díaz como porteiros, Pablo Ares, Teo López, Hugo Bregua, Alex Tajes, Adrián Aneiros, Xoán Canedo, Fabián Manzo, Xoán Bello, Jorge Outón, Jaime Serrano, Roi Fdez, Iago Allegue, Hugo Rodríguez, Mateo Negreira, Jairo Candamio e Diego Piñeiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *