
Último encontro do ano para o Sweepend Culleredo juvenil masculino onde enfrontábase ao Bm Atlántico , derbi comarcal para cerrar ant eun dos equipos revelación da tempada.
O Sweepend sabía que se enfrontaba a un bó rival e para iso a intensidade defensiva tiña que elevarse a alto nivel . Na primeira parte ainda que con pequenas ventaxas para o Sweepend , o encontro tiña moita igualdade. A defensa agresiva do equipo visitante estaba a crear certas dudas o Sweepend pero os fallos que se tiñan na fase ofensiva eran respondidos con acerto na fase defensiva polo Sweepend que co paso dos minutos aumentaría este nivel defensivo e tiña algo máis de regularidade a nivel ofensivo .Destacar na solidez defensiva a Marco González na portería que tivo moito acerto para poder axudar a defensa cullerdense.
Resultado o descanso Bm Culleredo Sweepend 14- Bm Abegondo-Atlántico 11
Na segunda metade o Sweepend aumentou o ritmo de xogo primeiro cambiando o ritmo de xogo a nivel ofensivo , a anticipación o desmarque e respostas ofensivas estaban a ser máis dinámicas e isto provocaba accións de gol en 6m o lanzamentos con éxito dende 9m .
Na fase defensiva o Sweepend aumentou o ritmo nesta faceta e en 10 minutos tan só se recibirían 2 goles encontra. Isto falaba ben da intensidade defensiva que propoñia o equipo cullerdense onde xa nos minutos finais e co encontro decidido non baixou o ritmo e puido levarse esta victoria no derradeiro encontro na categoría xuvenil masculino.
Bó encontro do Sweepend para cerrar un gran ano competitivo onde o subcampionato ligueiro e a participación novamente dun campionato de España foron as notas resaliente desta tempada ademáis de poder disfrutar dun bó xogo e dun comportamento exemplar deste grupo , no que se poden observar diferentes valores deportivos que o clube vai inculcando a este grupo de rapaces.
Noraboa polo ano e Forza Culle.
Resultado final: Bm Culleredo Sweepend 31 -Bm Abegondo Atlántico 22.
Bm Culleredo Sweepend (14+16) 31: Marco González, Hugo Díaz, Alejo Martinez, Adrián Veira,Lucas Sánchez, David Martinez, Atalo Bello, Nicolás Casal, Aarón Blanco, Félix Noya, Daniel González, Iván Sánchez, Samuel Seijas, Marcos Regueiro, Josemi Martinez.
Bm Abengodo-Atlántico(11+11)22: Yago Prado, Gabriel Ventura, Lucas Vilariño,Leo Rodriguez, Enrique Nuñez, Jorge Ferreiro, Miguel Angel Fernandez, Mateo Martinez, Pedro Gil,Angel Ramos, Diego Lema.
Parciales cada 5`: 3-2/5-5/8-6/10-7/11-8/14-11/18-14/20-15/23-16/24-17/29-19/31-22.
Árbitros: Martina Regueiro y Uxía Mariño.
Incidencias: Terceira e última xornada da copa federación grupo Norte 1.
