Saltar ao contido

O SWEEPEND CULLEREDO PECHA A COMPETICIÓN LIGUEIRA CON DERROTA

(SM) Sweepend Culleredo - Automanía Luceros (youtube.com)

Este pasado Sábado baixouse o pano da competición ligueira en primeira nacional e como broche final, o Sweepend Culleredo e o Automanía Luceiros de Cangas, disputaron o último partido desta tempada 2023/24 no municipal de Tarrío. Tratábase dun encontro sen obxectivos clasificatorios para ningún dos dous conxuntos e esto fíxose notar desde o principio na baixa intensidade e o escaso ritmo proposto por ambos. Con trece erros non forzados no primeiro tempo, o Sweepend Culleredo iría por detrás no marcador a partir do primeiro empate (1-1) e acusaría a falta de contundencia e intensidade na retagarda encaixando vinte goles nos primeiros trinta minutos (13-20). No segundo acto, onde todo estaba virtualmente decidido a favor dos foráneos, a intensidade decaería aínda máis e o envite converteríase nun festival de goles con pouca resistencia por parte de ambas as defensas (18-20). O interese entón tornaríase cara ás despedidas e a atención centraríase en xogadores como Mario e Cristian que pisaban por última vez o 40x20 de Tarrío. O público aplaudía as accións dos implicados ante a emotividade que representaba o momento e, igualmente, recoñecía a traxectoria doutros compañeiros na bancada como Marcos Vázquez e Alberto Catoira que tamén deixarán o balonmán ao carón para centrarse noutras facetas. Os agradecementos e actos finais coparon a atención do público que soubo agradecer a traxectoria destes xogadores no BM.Culleredo.

Sweepend Culleredo: 31 (13+18). Jorge López (p), Cristian Vigo (P), Nicolás Pérez (2), David Martínez, Iván Sánchez (2), Samuel Seijas (1), Carlos Costa, Pedro Pereira (4), Daniel González (3), Daniel De Salvador (4), Adrián Díaz (2), Iago Ferreiro (2), Nuno Loxo (2), Mario Crecente (7), Darío Pérez (1), Senén Garea (1).

Automanía Luceros: 40 (20+20). Javi Fdez (P), Mateo Pallas (P), Martín Fuentes (4), Xian Fdez, Adrián Bernárdez (4), Manuel Rodríguez (7), Manuel Pérez (1), Iago Fonseca (2), Denis Iglesias (1), Javier Iglesias (3), Gael Blanco (8), Juan Rodríguez (3), Rubén Augusto (3), Iago Iglesias (4), Mauro Sotelo.

Parciais cada 5´: 1-1 / 4-5 / 7-10 / 9-12 / 11-17 / 13-20 / Descanso / 17-22 / 19-30 / 21-33 / 24-36 / 25-39 / 31-40 / Final.

Colexiados: Cesar Díaz e Carlos Manuel Alonso.

Incidencias: Encontro correspondente á derradeira xornada de liga en 1ª nacional masculina (Grupo A). Partido disputado no pavillón municipal de Tarrío ante máis de un centenar de afeccionados.

Fotos do encontro:

https://photos.app.goo.gl/r7hmgG7uuByRJdGt9

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *