Saltar ao contido

INICIO POSITIVO DO FISIOTERAPIA BENESTAR NO INICIO DA COPA FEDERACION

O cadete feminino consegue levarse a vitoria no seu debut na Copa Federación nun encontro que se decidiu na segunda metade do encontro.

Adiantada a xornada 3 da nova competición, o Culleredo , recibía no día da nai o Lucense.

O partido comezou con igualdade no marcador durante os primeiros 30 minutos, con alternativas no marcador e coas defensas mandando nos ataques.

O partido comezou moi ben en defensa dos cullerdenses, o seu traballo de basculación e roubo de balóns fixo que o marcador subise rápido as cullerdenses. Os dous equipos foron moi valentes e mostraron carácter á hora de xogar, pasados os primeiros minutos da primeira metade as visitantes achegáronse un pouco máis no marcador, pero as de Culleredo non souberon manter o seu xogo e foron superadas polas lucenses a pesar dun último empuxón e chegar ao descanso 12-12.

Na segunda parte as cullerdenses foron de menos a máis, souberon soster a intensidade en defensa e manterse por diante no marcador pola mínima, pero o conxunto visitante non se rendeu e conseguiu empatar de novo. Pero as locais souberon manter a calma e axustar a súa defensa para que mediante balóns recuperados e contragolpes o encontro rematase en vitoria das de Culleredo cun resultado final de 25-18.

Agora a seguir traballando, e á pola seguinte.

MILLAVEN CP LUCENSE 18 (12+6): Maria Lopez Bello, Angela Mera Vazquez , Julia Pereira Fonseca , Angela Gavela Fernandez , Eyram Sefenu Varela , Iria Maria Amedo Lopez , Nuria Diaz Muguerza , Elia Garcia Castro ,Ana Karen Rodriguez Campos ,Aya Aferdad Bougrine , Laura Vazquez Rodriguez , Alessandra Lopez Castiñeira , Andrea Corral Gallego , Coral Garcia Madarro

BALONMAN CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 25 (12+13): Carla Muiño Cancela, Lucia Ines Cortegoso Rey, Aroa García Pena, Paula Peteiro Vázquez ,Lúa Fernández Núñez , Luana Gómez Fuentes, Antía Ferreño Fernandez, Valentina Martinez Fiúza, Irene Rodríguez Fernández, Sara Fraga Fraga, Carmela Erias Vázquez, Nadia Martinez Garcia

Parciais cada 5 min: 3-2/4-2/4-5/8-8/9-9/12-12 Descanso 15-15/17-16/20-16/23-17/24-17/25-18 Final

Colexiados: Martina Regueiro Insua e Jorge Sanchez Abuin. Excluiron a Angela Mera, Elia Garcia, Aya Aferdad polo equipol visitante.

Incidencias: Partido pertencente a 3ª xornada da Copa Federación grupo norte 1 no Pavillón Municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *