Saltar ao contido

GRAN DERBI XUVENIL EN ALMEIRAS

A nosa base concretamente na categoría xuvenil masculina tiña este fin de semana un partido moi especial, o derbi entre os dous equipos desta categoría o Despreocúpate.es e o Sweepend . Un encontro onde todo o mundo disfrutou desta festa do balonmán, os xogadores, adestradores, público... moitas emocións nesta data .

O encontro comezaba cunha pequena homenaxe os xogadores de segundo ano que están no último treito da fase de formación en categoría base ,unhas datas moi significativas para todo este xogadores que rematan a formación base.

Xa no encontro o Despreocupate.es comezou mandando no marcador e despois do primeiros 5 minutos o Sweepend daballe a volta, ainda asi ata o 15 minutos da primeira metade o Sweepend no despegaríase do marcador grazas a un bó traballo colectivo do Despreocupate.es que non perdeu a cara en toda a primeira parte . O Despreocúpate.es estaba a dar coa tecra na fase ofensiva , acción sinxelas con velocidade de balón para poder encontrar situacións con favorables que unha veces finalizabase con éxito e outras a boa defensa do Sweepend obstaculizaba o ataque do despreocúpate.es e por consecuencia saía moi rápido en contrataque para poder pillar o equipo local desorganizado na fase do repliegue. Cada equipo estaba a funcionar coas suas armas e grazas a iso o partido estivo con gran admiración.

A segunda metade tivo case o mesmo reflexo que na primeira metade.O Sweepend con unha fase defensiva regular e cun Despreocúpate.es que nas trásnsicións rápidas estaba a ter moitas pérdidas de balón pero que no xogo estático estaba a facer un encontro moi serio e moi regular, quizáis un dos mellores encontros do ano , era un encontro especial e eles o transmitiron na pista.

Moi bó partido dos dous equipos que deleitaron a grada con moitos momentos dignos de ver, a amizade estaba presente , a paixón estaba presente , e moitos máis valores estaban a pé de pista, todos estos valores inculcados pouco a pouco nestas fases de formación que os xogadores van adquirindo co paso do tempo.

Agora xa finalizado o encontro toca volver o traballo para poder disputar os últimos encontros da Copa Federación

Forza Culle

Resultado final : Bm Culleredo Despreocupate. es 27- Bm Culleredo Sweepend 41

Bm Culleredo Despreocúpate.es (12+15)27: Rubén Gantes, Marc Martinez,Adrián López,Matias Teixeiro,Mateo Pérez, Xoel Insua, Nico Díaz,Ávaro Siso,Juanfran Pazos,Bruno Pardo,Lucas López,Anxo Negreira.

Bm Culleredo Sweepend(24+17)41: Marco González,Adrián Veira,Alejo Martinez, Lucas Sánchez, Aaron Blanco , Samuel Seijas, David Martinez, Daniel Gonzalez, Marcos Regueiro,Nico Casal,Josemi Martinez, Atalo Bello,Félix Noya, Iván Sánchez.

Parciales cada 5`: 3-4/5-7/8-12/9-22/12-24/12-27/16-30/19-34/22-38/23-41/27-41.

Árbitros: Paula Peteiro y Uxía.

Incidencias: Xornada 2 da Copa Federación , disputado en Almeiras no pabillón Municipal de Almeiras.

https://drive.google.com/file/d/1llL9yXCZn7OwT4ozVY3TfcaVNCGuoYJg/view?usp=sharing

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *