Saltar ao contido

O FISIOTERAPIA BENESTAR QUÉDASE ÁS PORTAS DA FINAL FOUR

O equipo cadete feminino do BM Culleredo remata a súa tempada na Liga Ouro perdendo o seu último partido ante o Balonmán Porriño.

Os dous equipos pelexaban por conseguir un posto para a final a catro o próximo fin de semana en Tui.

Non houbo tempo para un fallo xa que era unha única xornada de partido.

O encontro non defraudou aos presentes que viron as ganas dos dous equipos de facerse con tan suculento premio.

Gañar ou gañar. Non había outra fórmula para forzar unha prórroga na que unha vitoria daría o Bm Culleredo Fisioterapia Benestar un pase á final a catro. E todo parecía ir cara a ese gol nos primeiros 30 minutos, pero o soño esmoreceu no tramo final da segunda metade. A pesar do gran partido do equipo cullerdense, o partido foi pola mínima do Porriño.

Dous minutos despois do asubío inicial, a lata foi aberta desde 7 metros. O Culleredo golpeou primeiro nun partido emocionante, no que o conxunto visitante realizou unhas brillantes actuacións nas dúas áreas. . Pola súa banda, o Porriño marcou o seu primeiro gol no minuto 2, momentos despois, o equipo rival asinaría o empate (3-3).

O sistema defensivo 5:1 executado á perfección polas xogadoras de Culleredo impediu continuamente as aspiracións goleadoras do Porriño. O Culleredo era un muro infranqueable. En definitiva, as porriñensas tampouco puxeron as cousas fáciles e apretaron en defensa, pero o Culleredo acabou atopando ocos na ofensiva. Levaron tres puntos de vantaxe (21-24) á metade da segunda metade. O equipo porriñés, xogou con superioridade numérica, tras a primeira exclusión do encontro.

O Culleredo parecía que podía manter a vantaxe conseguida na segunda metade, pero cara ao final do partido o Porriño empezou apretar e as esperanzas esmorecían.

Tímidamente, as porriñeses foron reaccionando e reducindo distancias, obrigando a un tempo morto por parte do conxunto visitante. O pequeno descanso non parou ao conxunto local, que regresou á pista moi energizado.

As cousas complicáronse para o Culleredo. O Porriño espertou e foi, pouco a pouco, reducindo a vantaxe que conseguira coller o Culleredo. Faltaban 10 minutos para o asubío final, o conxunto local empataba o marcador (28-28).

Ante un escenario de xogo totalmente novo, Lucía Vilariño volveu pedir tempo morto. Unha vez retomado o encontro, o Fisioterapia Benestar recuperou a súa aspiración.

O encontro rematou cun resultado de 35-34, resultado que reduciu o Culleredo nos instantes finais coa defensa individual presionante e para rematar cunha boa sensación de pelexa.

BALONMANO PORRIÑO 35 (18+17): Aroha Fernandez Penedo ,Aitana Fernandez Leiros, Gala Dacosta Sanchez, Ainhoa Dominguez Salgueiro ,Adriana Barreiro Garcia , Daniela Rodriguez Edreira, Ana Bosque Gonzalez, Carla Martinez Abalde, Iria Cuerdo Celada , Uxia Martinez Cabral, Maria Isabel Rodriguez Rodriguez , Paola Rivero Giraldez , Daniela Fernandez Diaz, Daniela Monteagudo Boente ,Candela Lago Leiros, Emma Porto Montenegro

BALONMÁN CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 34 (17+17): Carla Muiño Cancela, Lucia Ines Cortegoso Rey, Aroa García Pena, Paula Peteiro Vázquez ,Lúa Fernández Núñez , Luana Gómez Fuentes, Antía Ferreño Fernandez , Rosalia Veiga Vázquez , Valentina Martinez Fiúza, Irene Rodríguez Fernández, Sara Fraga Fraga, Carmela Erias Vázquez, Nadia Martinez Garcia

Parciais cada 5 min: 3-3/5-7/7-8/12-12/14-15/18-17 Descanso 18-19/21-24/25-26/28-28/31-31/35-34 Final

Colexiados: Ania Lampon Santos e Sergio Murillo Otero. Excluiron a Carla muiño polo equipo visitante

Incidencias: Partido pertencente a 3ª fase eliminatoria final liga prata no Pavillón Municipal de Porriño

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *